Xeoparque Cabo Ortegal celebra o Día Internacional da Xeodiversidade

Os próximos días 5 e 6 de outubro de 2024, o Xeoparque de Cabo Ortegal acolle celebración do Día Internacional da Xeodiversidade, no que se destacará o importante papel que desempeña a xeodiversidade para comprender e conservar as nosas paisaxes naturais.

Este evento, enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística do Xeoparque Cabo Ortegal,  forma parte dun esforzo internacional para dar a coñecer a riqueza xeolóxica dos países, o seu papel na biodiversidade e a importancia de protexer estes tesouros naturais para as futuras xeracións.

O Auditorio de Cedeira acollerá o día 5 de outubro ás  17.30 horas unha xornada de reflexión e debate no que expertos de relevancia nacional debatirán e compartirán coñecemento sobre distintos aspectos da xeoloxía e o Xeoparque Cabo Ortegal como a perspectiva biolóxica  a xeodiversidade, a arqueoloxía,  o patrimonio arquitectónico, ou as potencialidades turísticas do territorio entre outros.

O evento  será conducido polo xeólogo, divulgador científico e influencer Nahúm Méndez que no seu perfil web “un geólogo en apuros” achega á cidadanía xeral a xeoloxía desde unha perspectiva didáctica e amena.

Ademais contará coa participación da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española e de membros do Comité Científico da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal como o Presidente da Comisión de Patrimonio da SGE, Manu Monge; o investigador do INCIPIT Lois Armada; o Catedrático do departamento de Mineraloxía e Petroloxía da Universidade Complutense de Madrid, Ricardo Arenas ou a profesora, secretaria xeral da Real Sociedad Española de Física e vicepresidenta do Grupo Especializado de Mulleres en Física Ana Jesús López, entre outros.

O día 6 realizarase unha saída de campo para coñecer e poñer en valor recursos senlleiros do Xeoparque Cabo Ortegal. A saída será en xornada de mañá desde Cedeira con visita a varios puntos do territorio como o Macizo de Herbeira ou o Cabo Ortegal e rematará cunha desgustación de produtos locais en Cedeira. 

As persoas interesadas en inscribirse ás dúas actividades ou a algunha delas poden facelo no formulario dispoñible na web https://www.geodiversityday.org/ ou enviando un correo a xeodiaortegal2024@gmail.com para recibir o formulario de inscrición.

Programa Xeoparque GAL

Lea también

La Escola de Gaitas de Ortigueira hace historia

La Escola de Gaitas de Ortigueira, pone el mayor punto de emoción en la edición …