O Club de Prensa de Ferrol convoca a 33 edición do certame Galicia en Foco

Nesta 33 edición do certame premiarase por primeira vez  a «Foto do ano» de Galicia en foco e a «foto-reportaxe do ano» de Galicia en Foco correspondente a 2023 entre aquelas imaxes que foran publicadas nos medios de comunicación ao longo do ano 2023.

Foto archivo

Coas fotos e foto-reportaxes seleccionadas montarase unha exposición que terá carácter itinerante por diversas cidades e vilas de Galicia e elaborarase un catálogo para dar a coñecer e difundir a obra seleccionada entre as fotos presentadas.

Poderán concorrer os foto-xornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia. As fotografías deberán estar publicadas en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 01/01/2023 e o 31/12/2023.

Créanse dous apartados de participación (Foto do Ano de Galicia en Foco, dotado con 750,00 euros e Foto-reportaxe do Ano de Galicia en Foco, dotado tamén con 750,00 euros), no que cada fotoxornalista poderá concorrer so a un.

Cada fotografía enviarase coa súa ficha individual debidamente cuberta que se poderá descargar no enlace da web do Club de Prensa de Ferrol, onde figuran as Bases que rexen o presente certame: http://clubdeprensadeferrol.com/galicia-en-foco/

Galicia en foco 33 Edición triptico

O Club de Prensa de Ferrol poderá utilizar as obras para os fins previstos neste certame, así como nas súas publicacións e nunha exposición e un catálogo que reúna as obras seleccionadas entre as presentadas. Resérvase os dereitos de reprodución gráfica das obras premiadas, que poderán ser difundidas a través da súa páxina web e calquera outro medio publicado por esta institución, así como nas redes sociais.

O prazo de recepción remata o 17 de outubro de 2024 ás 14.00 horas.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …