O Concello de Narón condena o ataque á sede do PSdG-PSOE, na Solaina

O Concello de Narón ven de condenar o ataque á sede do PSde G-PSOE de Narón, situada na rúa Cristobal Colón, 25, baixo (A Solaina). As oficinas deste partido amaneceron o mércores, coincidindo co día da Folga Xeral, coa luna do escaparate rota pola acción dun obxeto contundente, o que resulta a todas luces inaceptable e intolerable.

O Concello de Narón solidarízase cos representantes do PSdeG-PSOE e amosa a súa condena e repulsa a calqueira tipo de acto vandálico ou violento, como o que derivou na noite de onte neste suceso.

Trátase da segunda vez que a agrupación socialista naronesa sufre un ataque na súa sede, xa que durante outra folga xeral (estando no goberno o PSOE) tamén apareceu roto o mesmo cristal.

A portavoz do PSOE e Concelleira de goberno de Narón, Catalina García, xa informou telefónicamente á Policía Nacional dos feitos e  desprazouse á Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón para efectuar a correspondente denuncia.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …