As usuarias do taller de coidados de As Pontes recadan fondos para a asociación «Miradas que hablan»

As usuarias do Taller de Coidados, posto en marcha no ano 2019 polo Concello das Pontes, recadaron esta fin de semana, durante a celebración da IX Cita coa Historia, 870 euros que irán destinados á asociación “Miradas que hablan” para a investigación da síndrome infantil MECP2 que se está a desenvolver no Hospital San Juan de Dios.

As usuarias deste programa, que ten como obxectivo contribuír ao empoderamento, mellora psicolóxica, recuperación emocional e participación das mulleres coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar non profesionais no municipio así como axudalas a descubrir, recuperar e potenciar as súas habilidades, destrezas e afeccións artísticas para, mellorar a calidade de vida das persoas participantes, participaron cun posto de venda de produtos téxtiles e de decoración elaborados por elas mesmas.

A recadación irá destinada á investigación da síndrome de duplicación de MECP2, unha enfermidade xenética minoritaria, da que existen aproximadamente 200 casos diagnosticados para a que non existe nin tratamento, nin cura. Coa investigación que se está levando a cabo o que se pretende é coñecer ben ao mecp2, a súa relación con outros xenes e así poder combater os síntomas da enfermidade.

Lea también

Neda ultima la actualización de los planes de autoprotección de los centros educativos públicos

El Ayuntamiento de Neda trabaja en la actualización de los planes de autoprotección de los …