Axenda en Narón o 14 e 15 de setembro

Sábado 14 de setembro de 2024

Actividade: IV Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage Hora: De 10:00 a 14:30 e dende as 16:30 ata as 21:00 horas Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza este evento en colaboración coa Asociación Ferrol Vello. Unha trintena de postos instalaranse nas citadas instalacións municipais para vender unha gran variedade de artículos antigos, moitos deles pezas únicas. A entrada é de balde.

Actividade: Unha receita contra as burlas Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello programa este contacontos infantil, para menores a partir de 4 anos e as súas familias. As burlas que realizan uns escolares a unha nena que comeza a usar lentes centrarán esta histora, coa que se retoman as actividades infantís da Biblioteca municipal.

Domingo 15 de setembro de 2024

Actividade: IV Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage Hora: De 10:00 a 14:30 e dende as 16:30 ata as 21:00 horas Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

Actividade: III Trail Costa Ártabra Hora: A partir das 9:00 horas Lugar: Inmediacións do centro cívico social do Val

A terceira edición do Trail Costa Ártabra celebrarase un ano máis na cidade. O Concello e a Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de Narón organizan esta convocatoria, con diferentes modalidades de trail e dúas andainas.

Lea también

Axenda en Narón do 4 ao 6 de outubro

Venres 4 de outubro de 2024 Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.30 Lugar: Pazo da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *