A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e a Semente Trasancos organizan unha nova Foliada de Sedes

As Asociacións Culturais Vai Rañala Meu! e Semente Trasancos organizan para o sábado 14 de setembro unha nova edición da “Foliada de Sedes” para celebrar un ano más a nosa tradición musical.

A actividade que terá lugar no nas naves do Recinto Feiral do Trece comezará ás 12:00 horas coa actuación de Pakolas dirixida a público familiar. A continuación o grupo de música tradicional de Narahío, Os Lambecazolas, animarán a sesión vermú ata o xantar.

A partir das 14:00 horas poderase desfrutar do xantar a base polbo á feira e callos a prezos populares. Poderanse solicitar racións para levar ou facer reservas no número 671 610 203 ou no enderezo electrónico sementetrasancos@gmail.com

A actividade continuará despois do xantar con obradoiros de enredos para os máis pequenos e a partir das 18:00 horas cun obradoiro de Cantos de Taberna a cargo da A.C. Vai Rañala Meu! e ás 19:00 horas un obradoiro de baile foliadeiro a cargo de Óscar López “Coki”, para prepararse para o prato forte. A Foliada abrirase ás 20:00 horas coa actuación do grupo de música tradicional Ghazafellos (Vedra), seguidos de Embruxo Gaiterios (Ordes) e a Charanga de Son d’aquí (A Coruña).

A actividade esta organizada polas Asociacións Culturais Vai Rañala Meu! e pola Semente Trasancos é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña e do Concello de Narón

Lea también

Axenda en Narón do 4 ao 6 de outubro

Venres 4 de outubro de 2024 Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.30 Lugar: Pazo da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *