Marián Ferreiro reiterou na Festa do Río de TEGA o compromiso do partido de cumprir os compromisos adquiridos

A alcaldesa de Narón agradeceu o respaldo de militantes e simpatizantes de Terra Galega á celebración de hoxe na área recreativa de Pedroso.

Máis de medio milleiro de persoas acudiron este domingo á tradicional Festa do Río de Terra Galega na área recreativa de Pedroso, para acompañar á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e ao seu equipo. A rexedora local abriu o acto ao mediodía, para a continuación dirixirse aos asistentes o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo.

Ferreiro deulles a benvida e agradeceu poder compartir con eles “unha xornada tan especial nun lugar tan marabilloso coma este”. Ademais, incidiu no feito de que o equipo de Terra Galega está no goberno local “para poñer en marcha medidas que melloren a vida das nosas veciñas e veciños” e lamentou o feito de que haxa xente “que entende a política como un campo de batalla, un xogo no que se trata de incomodar ao goberno, de botar para abaixo proxectos positivos para a cidade ou de facer propostas demagóxicas, todo para lograr inútiles victorias que non benefician a ninguén e, moito menos, ás naronesas e naroneses”.

Ferreiro recalcou que dende Terra Galega “traballamos arreo neste último ano, o primeiro do mandato, para conquerir parte dos compromisos adquiridos con vós” e subliñou que “temos a determinación, a enerxía e a ilusión necesarias para seguir traballando cada día e cumrpir os nosos compromisos”. A alcaldesa agradeceu finalmente o apoio maioritario das veciñas e veciños de Narón ao proxecto de TEGA na cidade e animou a todos os presentes a desfrutar da Festa do Río.

Na convocatoria, antes de inicarse o xantar popular, tomou tamén a palabra o secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, que arremeteu duramente contra as políticas tanto do goberno autonómico como estatal. Finalizadas as intervencións os asistentes degustaron baixo unha carpa un menú a base de callos e churrasco e xa pola tarde desfrutarán de novo da música, que amenizou o día xa pola mañá na sesión vermú. Xogos populares completaron a programación para esta convocatoria que marca o inicio do novo curso político trala tempada estival.

Lea también

Los bomberos de Narón participan en Portugal en los X Juegos Europeos para Policías y Bomberos

Los bomberos de Narón se encuentran participando en la X Edición de los Juegos Europeos …