Presentación de ofertas á xestión do Centro de Interpretación dos muíños de Xuvia

O Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 17 de setembro –ás 15:00 horas- o prazo de presentación de ofertas ao contrato de concesión do servizo de xestión do Centro de Interpretación dos muíños industriais de Xuvia.
 
 
O importe do contrato ascende a 425.330,69 euros (IVE incluído) para un prazo de catro anos, tal e como figura no prego. “A través deste contrato continuamos poñendo en valor o noso patrimonio, neste caso o conxunto etnográfico de Xuvia, que se abrirá ao público nunhas xornadas determinadas para que todas as persoas que queiran teñan a oportunidade de coñecelo por dentro tras esas visitas guiadas que realizamos hai uns meses”, apuntou a alcaldesa, Marián Ferreiro.
 
Na recepción do muíño estarán as entradas para acceder á construción e haberá posibilidade de programar visitas guiadas (ata 25 persoas e de 45 minutos), obradoiros (os sábados ás 12:00 e ás 17:00 e dunha hora de duración), visitas escolares…
 
Así figura no prego, onde ademais se fixan os horarios de apertura en dúas tempadas: a alta, dende xuño ata setembro e na Semana Santa e Nadal, os xoves, venres, sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 e na baixa, o resto do ano, os xoves e venres laborables de 10:00 a 14:00 e os sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
 
En total, 1.280 horas de apertura ao ano con peches os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e o 6 de xaneiro. O Día Internacional dos Museos (18 de maio) e o 23 de novembro (Festividade local de Narón) a entrada será de balde, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
 
Os menores de 6 anos poderán entrar de balde e reducirase o 50% do custe a membros de familias numerosas, maiores de 65 anos, posuidores do carné xove, persoas con diversidade funcional e/ou dependentes e acompañantes no caso de que se acredite a súa necesidade.
 
A tarifa ordinaria será de 3,30 euros. O prazo de execución do contrato comezará ao día seguinte da sinatura do mesmo, tal e como se especifica na licitación. O procedemento ao completo pode consultarse a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Lea también

Axenda en Narón do 4 ao 6 de outubro

Venres 4 de outubro de 2024 Actividade: Teatro contemporáneo: Noso Hora: 20.30 Lugar: Pazo da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *