O Padroado da Cultura de Narón abre matrícula nas Escolas Culturais Municipais

O Padroado da Cultura de Narón abre este luns 9 de setembro, o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais.  Así o anunciou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro.

As matrículas poden tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 e de 17.00 a 19.00 horas e tamén os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806), escribir un correo electrónico ao enderezo: mc.blanco@naron.gal ou consultar a web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, donde poderán ver tamén as taxas a abonar por cada unha das modalidades: escolas tradicionais, artísticas e Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón.

As Escolas Tradicionais ofertan clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, O Recuncho dos Pequechos (de 3 a 4 anos).

A maiores, nas Escolas Artísticas hai as opcións de Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum.

Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón (a partir de 4 anos), que ofrece baile de salón, baile deportivo, caribeños e danza coreográfica.

As matrículas poderán formalizarse ata o 25 de setembro, incluido, no Pazo da Cultura e as clases darán comezo o 1 de outubro e desenvolveranse ata o 31 de maio de 2025.

Lea también

Uns 300 deportistas participarán este sábado 20 no Acuatlón Cidade de Narón

Uns 300 deportistas participarán mañá no Acuatlón Cidade de Narón. Campionato Xunta de Galicia organizado …