A Deputación da Coruña avanza no CEI, o maior estudo audiovisual virtual do país

Fuente Diputación de A Coruña

Esta semana a sede da Deputación da Coruña, acolleu a reunión da Comisión de estudo político-técnica sobre a xestión económica do novo espazo dixital provincial Coruña Estudio Inmersivo (CEI).

Esta comisión está presidida polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e conta con representantes de todos os grupos políticos provinciais; o grupo Provincial do Partido Popular, Grupo Provincial do Partido Socialista, Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego e Grupo Provincial de Alternativa dos Veciños.

Tamén conta con representantes do Clúster Audiovisual Galego e de persoal dos servizos provinciais de Intervención, Secretaria Xeral, Servizo de Patrimonio e Contratación, Servizo de Arquitectura e Mantemento e Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica.

O presidente da Deputación destacou os grandes avances realizados dende a derradeira reunión e subliñou a importancia da implicación de todas as partes que están a colaborar para facer do CEI unha realidade.

Unha aposta de futuro

Hoxe damos un paso definitivo aprobando o regulamento de usos e os pregos para licitar a xestión do CEI, o maior estudo virtual de España, que será unha realidade a finais deste ano”, afirmou Formoso, que destacou que “a Deputación seguirá realizando unha aposta de futuro firme e decidida para consolidar á provincia da Coruña e a Galicia como un polo de referencia para a industria audiovisual a nivel nacional e internacional”, sostivo.

O presidente indicou que “Galicia está hoxe á vangarda na producción de produtos audiovisuais de calidade e conta con empresas líderes na industria do cine, as series, a televisión ou a animación, pero ten aínda un gran potencial de crecemento que queremos axudar a desenvolver completamente nos vindeiros anos co CEI”, e subliñou que o audiovisual representa hoxe o 28% da industria cultural galega, xera máis de 4.500 empregos, factura 411 millóns de euros e agrupa a 707 empresas na comunidade, o 76% delas na provincia da Coruña.

Cabe destacar a importancia crecente da industria audiovisual e particularmente da produción virtual, cunhas previsións de crecemento do 25% anual nos vindeiros anos. No mundo existen arredor dun centenar de platós VPxR, que rexistran unha alta demanda, mentres que España pasará de 5 a 10 platós virtuais nos vindeiros anos, todos eles de menores dimensións e funcionalidades que o CEI.

A Deputación prevé licitar o contrato de xestión do CEI por un prazo de 20 anos, prorrogables por outros cinco, e valorará, entre outras cuestións, a solvencia económica e financeira, así como a solvencia técnica e profesional das empresas interesadas, o seu compromiso de investimento na infraestrutura e de creación de emprego, entre outras cuestións.

Asimesmo, valorarase a súa contribución do proxecto de xestión do CEI para impulsar o sector audiovisual galego, e os plans de colaboración coa industria e con universidades e centros públicos para formación e investigación.

Durante a reunión avanzouse no programa de traballo establecido coa aprobación da Memoria dos aspectos sociais, xurídicos, económicos, financeiros e técnicos para o exercicio da iniciativa pública económica no marco do proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), que supuxo a aprobación da seguinte documentación operativa imprescindible para o correcto funcionamento do maior plató virtual de España: o Regulamento de Uso do Centro de Produción Virtual VPxR e os pregos de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) que rexerán o contrato de concesión de servizos do centro de produción virtual VPxR.

Situar a Galicia como referente no sector audiovisual

Co proxecto Coruña Estudio Inmersivo (CEI), a Deputación da Coruña quere impulsar o sector audiovisual galego, pola súa aportación á economía, á identidade cultural galega e á proxección de Galicia e España no exterior.

O CEI suporá a construción do maior estudo virtual de España, nun edificio de máis de 2.000 m2, dotada dun plató virtual de última xeración de 735,10 m2, e múltiples servizos adxacentes como camerinos, vestiarios, controis técnicos etc, que o situarán na vangarda internacional neste ámbito, o que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego e atraer novas producións audiovisuais e rodaxes á provincia.

O proxecto foi concibido como un espazo especializado na produción virtual, permitindo xerar contidos inmersivos de ficción, realidade virtual e aumentada, contidos de aplicación no ámbito cinematográfico, televisivo, publicitario e de videoxogos, que a súa vez xerarán un produto final de aplicación para sectores como a educación ou o turismo.

Durante a reunión da comisión o persoal técnico da Deputación expuxo a correcta evolución das obras do plató virtual, cuxas obras avanzan a bo ritmo, polo que se prevé que poda estar operativo a finais deste mesmo ano.

A súa construción e posta en marcha é posible grazas a un investimento de máis de 8 millóns de euros, dos que 5 millóns están financiados a través dos fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España- Next Generation EU e arredor de 3 millóns con fondos propios da Deputación da Coruña.

Lea también

La Policía Nacional interviene en 23 centros educativos gallegos, entre ellos en Ferrol, ácido pícrico, una sustancia potencialmente peligrosa

La Policía Nacional ha detectado e intervenido para su destrucción recipientes que contenían ácido pícrico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *