Inicio en As Pontes das obras de renovación da última fase do Poboado da Fraga

O Concello das Pontes da comezo este luns 2, aos traballos da sexta fase das obras de mellora de pavimentos e servizos no Poboado da Fraga.

A empresa Construcciones Leonardo Miguelez S.L vai ser a encargada de poñer en marcha un proxecto que conta cun orzamento total de 162.244,19€, financiado con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, e que afectará principalmente á rúa Maruja Mallo que, tras desta inversión, contará cos mesmos servizos renovados e unha estética acorde coa que xa presentan o resto de rúas da zona.

Os traballos terán unha duración de catro meses e, malia que se buscará afectar o menos posible á veciñanza, a zona de aparcadoiros deste vial rexistrará cambios dende a vindeira semana, para poder acometer estes traballos.

En canto ás obras, renovarase o pavimento das beirarrúas con lastras de formigón recto e a colocación de bordo nos encontros coa estrada mentres que a separación entre a beirarrúa e as zonas verdes realizarase con bordo de xardín, mantendo os criterios estruturais e estéticos das fases anteriores, e co mesmo tipo de materiais.

Estas actuacións tamén contemplan a substitución do saneamento de augas pluviais por colectores de PVC e a execución das acometidas domiciliarias. Así mesmo procederase á renovación do alumeado público coa colocación de novos báculos e luminarias ao longo da beirarrúa, coa instalación das canalizacións e cabreados necesarios, creándose tamén a canalización para telecomunicacións.

Ademais, entre os traballos previstos, inclúese a instalación de novo mobiliario urbano, bancos e papeleiras, en toda a zona obxecto da intervención.

Fuente Concello de As Pontes, Poboado da Fraga

Lea también

Herida leve una persona después de que un tren arrollase las ramas de un árbol circulando por Ortigueira

Una persona ha resultado herida leve en la tarde de este viernes después de que …