Unha unidade móbil ADOS estará o vindeiro luns en Narón

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns, día 26, na cidade. O vehículo estará operativo en horario de mañá e tarde, dende as 9:30 ata as 14:30 e de 15:30 a 21:00 nas inmediacións do novo centro de saúde.

Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.

Para recibir máis información pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón dedica unha semana á muller na ciencia, con Marie Curie como protagonista

Entre o 5 e o 7 de novembro haberá teatro para escolares, unha mostra, a …