Cerdido celebra o 30º aniversario da Área recreativa O Castro

O Concello de Cerdido celebra este domingo, 11 de agosto, o 30º aniversario da Área Recreativa O Castro, en colaboración coa asociación cultural Airiños dos Carrís. Será nun evento con moita música, un xantar popular e actividades para todas as idades.

Área recreativa

A xornada dará comezo ás 13 horas, co concerto de Dani Barreiro & Friends. A continuación ofrecerase un xantar popular con racións de churrasco (12 euros) e empanada (3 euros). 

Ao longo da tarde haberá distintos xogos para todos os públicos como inchábeis, globoflexia e campionatos de tute e dominó. A partir das 19 horas, Carlos Bau Dúo ofrecerá outro espectáculo musical e, por último, rematarase co concerto de Los Alcántara, a partir das 20 horas.

En palabras do alcalde, Alberto Rey, “a Área recreativa O Castro é o centro neurálxico da actividade cultural no Concello de Cerdido, e eventos como este 30º aniversario sérvenos para poñer en valor a súa actividade”. “Desde o noso equipo de goberno temos a intención de seguir a poñer en valor a área recreativa, realizando melloras e dinamizando o programa de actividades que se desenvolven alí” engadiu.

Por último, o rexedor quixo “agradecer a súa colaboración á asociación Airiños dos Carrís, que nos axudan a facer posible este evento”.

 

Lea también

La exposición «Paisaxes interiores» podrá visitarse en Valdoviño hasta finales de mes

La artista Raquel Calvo Gómez inauguraba el viernes pasado al atardecer su exposición «Paisaxes interiores» …