O Grupo Municipal Socialista de Ferrol manifesta a súa satisfacción ante a recente decisión da Xunta de Galicia de incluír a zona dos Corrais, en Serantes, como unha das áreas fluviais de alto risco de inundación. Esta medida responde ás reiteradas solicitudes do anterior goberno municipal e dos veciños que viñan reclamando accións para previr os desbordamentos recorrentes na zona.
A última desas solicitudes formulouse durante a reunión que o 20 de febreiro de 2023 mantivero o entón alcalde, Ángel Mato; o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina; o presidente da asociación de veciños de Serantes, Luis Casas, e a secretaria da entidade, Amanda Casas, coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e técnicos doorganismo autonómico.
«Os veciños levan anos sinalando a urxencia de intervencións que eviten as inundacións que afectan periodicamente ásvivendas e ás infraestruturas do lugar. O último desbordamento, de especial gravidade, produciuse a finais de decembro de 2022, cando a auga superou o nivel da estrada, anegou varias vivendas e causou danos tanto nas casas coma no seu mobiliario».
«No encontro do ano pasado, Gutiérrez comprometeuse a analizar a situación, logo de que Ángel Mato criticara que o tramo final do río dos Corrais non estivera xa catalogado dentro das áreas inundables. O organismo de conca alegou que o mapa deses puntos se revisa periodicamente e houbo períodos de alegacións nos anos 2011 e 2018».
«Para o actual portavoz socialista é incomprensible que Os Corrais non figurase de oficio nese mapa, xa que as inundacións no lugar son ben coñecidas e hai numerosas noticias publicadas. Tamén sorprende que no seu lugar figurase no documento o río da Sardiña, que non adoita ter ese tipo de problemas».
«A maiores, o entón concelleiro de Urbanismo recordou durante o encontro que en 2022 xa mantivera outra xuntanza con técnicos de Augas de Galicia sobre zonas inundables. Xunto a el participaran, entreoutros, o concelleiro de Seguridade e o xefe de bombeiros, quen sinalara o río dos Corrais coma o lugar co maior perigo dedesbordamento en todo o municipio».
«Por iso, a inclusión deste tramo no novo Plan de xestión de risco de inundación 2028-2033 de Augas de Galicia é un paso fundamental para garantir a seguridade e a protección dos veciños. Así, o grupo municipal socialista reitera o seu compromiso de seguir traballando xunto á veciñanza e ás autoridades autonómicas para implementar solucións efectivas que mitiguen os riscos de inundación en Serantes».
Ao mesmo tempo, os socialistas «instan á Xunta e ao gobierno municipal a dar prioridade ás actuacións necesarias para protexer esta área sensible e previr futuros desbordamentos. Entre elas, o Grupo Municipal Socialista lembra que é responsabilidade do Concello levar a cabo a limpeza das canles fluviais nas áreas urbanas, tarefa que considera crucial para reducir os riscos de inundación en zonas vulnerables como Os Corrais».
«Un proxecto socialista que cancelou Feijoo»
«O propio Concello de Ferrol realizou hai 16 anos, durante o mandato do socialista Vicente Irisarri e con Ángel Mato como concelleiro de Urbanismo, un proxecto para esa canle fluvial, que ía desenvolver a Xunta con cargo aos Orzamentos autonómicos».
«A intervención estaba lista e dotada de presuposto no 2009, pero, co cambio no Goberno galego logo das eleccións daquel ano, quedou aprazada sine die. Xa naquel momento, o agora portavoz socialista no Concello advertíalle á conselleira que era “unha enorme irresponsabilidade” que non aparecera nos Orzamentos autonómicos para o 2010 “a partida comprometida polo Goberno de Touriño”, algo que despois se demostrou, ao repetirse as inundacións».
Tal como fixeran hai algo máis dun ano, os socialistas «insisten na urxencia de actualizar o proxecto, de ser necesario, e executalo canto antes co fin de evitar novas inundacións».