Psoe Ferrol critica que o goberno local permita publicidade privada nos servicios de socorrismo

O grupo municipal socialista de Ferrol  critica que o Goberno local «permita a publicidade de entidades privadas nos servizos de socorrismo a costa dos cartos da veciñanza». «A aportación que fan estas entidades privadas é totalmente simbólico, pero semella que o servizo de socorrismo o presten eles, debe ser a nova “marca Ferrol” do goberno do PP».

«Á Veciñanza de Ferrol cóstalle moitos cartos o servizo de socorrismo nas nosas praias, e na nosa opinión é que ben empleado está, xa que a seguridade nas nosas praias é fundamental e ademáis está a funcionar moi ben dende hai anos», afirman

Sen embrago, “non é de recibo que saian do peto dos ferrolás ao redor de 600.000 euros para manter este servizo e chegue unha empresa a poñer a súa publicidade a cambio de material valorado en pouco máis de 4.000 euros (menos do 1% do custo do servizo)” indicou o concelleiro Germán Costoya.

“Hoxe imos ás nosas praias e o que vemos é material coma bandeiras, camisetas, bañadores, sombrillas, e outro material análogo, con publicidade de entidades privadas; desapareceu “Ferrol” do servizo de socorrismo nas nosas praias, e todo por facer unha aportación simbólica. Barato lles saíu a estas entidades privadas” dixo Costoya.

«As nosas praias son un enorme valor que ten a nosa cidade, tanto no eido ambiental, coma no deportivo, coma, por suposto, no eido turístico. “Semella unha broma que o goberno de Rey Varela teña unha concellería de “marca Ferrol” e por outra banda casi agasalle a publicidade nas nosas praias a entidades privadas” é lamentable, finalizou Costoya.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …