Unha unidade de ADOS desprázase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este luns 22 e o martes 23 na cidade.

O primeiro día, o vehículo permanecerá estacionado en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas, nas inmediacións do novo centro de saúde.

Na xornada do martes 23 a unidade móvil estará pola mañá, de 9:30 a 14:30 nas inmediacións do centro de saúde e pola tarde, entre as 15:30 e as 21:00 horas, na rúa Clara Corral, no barrio da Solaina.

As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo.

Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …