O concelleiro socialista no Concello de Ferrol Julián Reina reclama a intervención «urxente» nos catro buratos existentes nas beirarrúas da estrada de O Vilar, na parroquia de Doniños.
Nomeadamente, ditos buratos atópanse diante dos números 14, 70 e 102, «puntos nos que as beirarrúas están tan deterioradas que os viandantes poderían introducir unha perna».
Julián Reina explicou que «o grupo socialista comunicou na correspondente comisión o estado das beirarúas, recibindo como resposta por parte do goberno que dita reparación estaba incluida nun Plan de Obras e Servicios conxuntamente con outras beirarúas no rural, financiado pola Deputación da Coruña xa dende o mandato anterior»,
Mais os socialistas, «dado o risco que o actual deterioro supón, propuxeron unha actuación inmediata en determinados puntos debido a que a reparación mediante o POS conleva un procedemento de contratación máis prolongado no tempo. «Solicitamos esta actuación urxente polo risco de que ocurra un accidente”», subliñou o concelleiro.
Reina destacou que «esta mesma semana, Rey Varela anunciaba en medios que aceptaba a nosa proposta do 16 de xuño para a reparación urxente das fochancas na praza de España, polo que o animamos a que o faga de novo, executando o que pedimos para a rúa Maiola en Canido e agora en Doniños».
«Dende o grupo socialista seguiremos presentando propostas en positivo para Ferrol», concluíu.