Celebración en Narón da “XXXIII Festival Internacional de Folclore”

Narón acolle este sábado 20, a trixésimo terceira edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura. Unha cita que como indicou a alcaldesa da cidade e presidenta do citado organismo municipal, Marián Ferreiro, se desenvolverá novamente na zona do parque do río Freixeiro a partir das 21.00 horas e con entrada de balde.

Nesta convocatoria actuarán a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Tradicional Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón, o conxunto WICI Song & Dance Company (EEUU), o Grupo Folclórico “Los Jateros” (Badaxoz), a Agrupación de Danza Folclórica Bajnóca (Hungría) e o Ballet Folclórico Municipal “La Estrella” (Colombia).

A Banda de Gaitas do Padroado da Cultura, integrada por preto de medio cento de persoas de diferentes idades, constituíuse co obxectivo de salvagardar e contribuír á difusión da música tradicional galega.

É unha das bandas máis antigas da comarca e conta cun amplo repertorio de corte tradicional, muiñeiras, alboradas… e tamén de pezas de novos autores.

O Grupo de Baile Tradicional “Alxibeira”, integrado por mozos de entre 15 e 30 anos ten entre os seus obxectivos a revalorización do folclore e costumes de Galicia e a recuperación das nosas tradicións.

“Alxibeira” realizou un intenso traballo de investigación por Galicia na procura de bailes, cancións… para elaborar o seu repertorio e os traxes dos integrantes da agrupación foron reconstruídos seguindo os patróns dos antigos e incluso conservan algunhas pezas orixinais.

En canto ás formacións convidadas, WICI Song &Dance Company, de Estados Unidos, constituíuse no ano 1972. Nos seus inicios o seu repertorio consistía en danzas e cancións de orixe polaco, comenzando dende hai uns anos a explorar o floclore estadounidense, influenciado por country western, o bluegrasse e a música antiga que incorporan nas súas actuacións. O grupo está composto por máis de 300 bailaríns, contando o seu conxunto máis representativo con 70 persoas.

O Grupo Folclórico “Los Jateros” de Badaxoz creouse no ano 1965 co obxectivo de bailar e cantar na festividade da patroa de Fregenal. Pouco a pouco comenzaron a ampliar o seu campo de traballo dándolle difusión aos bailes e cancións populares de Estremadura. Na actualidade o grupo está composto por uns 250 membros.

A agrupación de Danza Folclórica de Bajnöca, Hungría, fundouse no 2009 e ten un repertorio de danzas de toda a conca dos Cárpatos así como de danzas antigas. Está constituída por un grupo de adultos, varias seccións xuvenís con mais de 110 persoas e unha sección formada por persoas da terceira idade.

No ano 2014 nace o Ballet Folclórico Municipal “La Estrella” de Colombia, iniciando no 2018 o seu proceso de internacionalización. Está conformado por máis de 30 mozos e adultos e as súas montaxes están baseadas na vivencia do folclore colombiano de norte a sur e de oriente a occidente, pasando por todas as rexións do país.

A alcaldesa animou á cidadanía a acudir a este evento, “no que desfrutar da cultura e as tradicións nun espazo natural e incomparable da nosa cidade como é o Parque do río Freixeiro”.

A través deste enlace podese consultalo folleto FOLCLORE NARON PDF

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …