O Concello de Cabanas anuncia a apertura do prazo de solicitudes para participar na Feira de Santa Marta, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de agosto no paseo da Madalena.
As persoas interesadas en participar cos seus postos na feira teñen de prazo até o xoves 25 de xullo para presentar as correspondentes solicitudes a través do Rexistro Municipal, ben sexa de maneira presencial ou de maneira telemática, debendo anexar a instancia que se pode descargar da páxina cabanas.gal
De acordo co establecido no Regulamento de Venda Ambulante e Feiras, xunto coa solicitude, as persoas participantes deberán presentar o xustificante de pago das taxas (9 € polos tres días), fotografía do posto e indicar o tipo de artículos que poñen á venda, de cara á súa ubicación nalgunha das zonas dispoñibles.
Os mercados rexeranse polos seguintes horarios: de 08.00 a 11.00h para a instalación dos postos, de 11.00 a 20.00 horas para o funcionamento e desde esa hora para a súa recollida, non estando permitido en ningún caso a invasión de beirarrúas por vehículos nin cravar piquetas no chan.
O Concello de Cabanas organizará os postos de xeito que se respeten os accesos ao Piñeiral e outros elementos do mobiliario urbano.
 Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
				 
			
 
						
					 
						
					 
						
					