A subdelegada do Goberno, María Rivas, visitou este martes 16 no porto da Coruña o buque oceanográfico Emma Bardán, o máis pequeno dos tres buque de investigación pesqueira e oceánica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que actualmente está desenvolvendo en Galicia a campaña “BATI-UF25-0724” consistente en cartografar con detalle a zona situada ao sur do Canon da Coruña, concretamente entre as poboacións de Laxe e Ferrol.
O traballo do cartografado dos fondos será a base para a avaliación por parte do Instituto Español de Oceanografía para avanzar no coñecemento da área e da distribución da cigala. Esta campaña a través da avaliación dos fondo onde poden atoparse as tobeiras e polo tanto facilitará esa segunda etapa na que xa mediante un sistema de cámaras poderanse investigar a fondo as poboacións de cigalas.
A subdelegada informou que esta actuación complementa tamén a desenvolvida no seu momento polo buque Vizconde de Eza, cubrindo as áreas menos profundas, cartografando os fondos comprendidos entre os 8-9 metros ata os 200 aproximadamente.
O Emma Bardán desenvolverá esta campaña en Galicia nun total de 38 xornadas de exploración.
Este estudio servirá de base para planificar as futuras campañas de recompilación de datos científicos imprescindibles para orientar a toma de decisións na xestión de esta especie. Os datos adquiridos na presente campaña poderán ser incluídos dentro do Proxecto Espace e polo tanto ser obxecto de financiamento polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e acuicultura
O buque de 29 metros de eslora e 7,5 de manga consta do máis modero equipo tecnolóxico para a navegación, así como dun sofisticado equipamento científico e de laboratorio. De feito a sonda que permite estes traballos de cartografado foi substituída por unha máis moderna, financiada con cargo aos Fondos de Recuperación, Transformación e Resilencia, o que ten permitido gañar moita calidade nos datos obtidos o que redunda nunha mellor resolución nos traballos que derivan de esta fase de exploración dos fondos mariños.
A subdelegada indicou que o Emma Bardán é un buque con unhas altas prestacións para este traballo de cartografado pero que ademais tamén participa nas campañas de investigación pesqueira como JUVENA levada a cabo no Golfo de Vizcaia co obxectivo de avaliar a abundancia e o estado biolóxico da anchoa xuvenil; e da campaña BIOMAN consistente na realización dun rexistro continuo con métodos de acústica para estimar a abundancia da anchoa e sardiña.
A subdelegada afirmou que cos traballos que se desenvolven a través dosbuque de investigación pesqueira e oceanográfica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, o Goberno demostra o seu compromiso coa xestión sostible dos recursos pesqueiros e marisqueiros.
O Emma Bardán traballa baixo o lema “Coñecer por unha xestión pesqueira sostible”, co gallo de ampliar o coñecemento dos mares, unha campaña que comprende máis de 500 xornadas de investigación, tanto a nivel nacional como internacional.
A subdelegada quixo agradecer o traballo do persoal do barco e dos investigadores ao fonte de esta campaña. Na visita estivo acompañada tamén pola Directora da Area da Agricultura e Pesca da Delegación do Goberno, Ana Tubío.
María Rivas indicou que “agradecemento é dobre porque como saben, hoxe é o día do Carmen, a patroa de todas as persoas que traballan no mar e por tanto un día de celebración para todo o sector. Polo que aproveito para felicitarlles nun día tan especial”