As Pontes reúnese coa zona Franca de Vigo

Centro de Dinamización Empresarial Seara- Foto. Asociacion Empresarios Seara.

O Concello das Pontes organiza un encontro coa Zona Franca de Vigo, hoxe martes no Centro de Dinamización Empresarial Seara, ás 11:00 horas, na que David Regades, delegado especial de Zona Franca de Vigo, dará a coñecer as accións de dinamización e promoción industrial na Zona Franca e no seu ámbito de implicación así como as ventaxas dun despregamento da Zona Franca na comarca de Ferrolterra.

Así mesmo, durante este encontro, asinarase un convenio de colaboración entre o Concello das Pontes, Zona Franca, A Confederación de Empresarios de Ferrolterra e Seara para establecer un marco de traballo común entre todas as entidades implicadas.

Lea también

As Pontes destina 35.000€ en axudas para a adquisición de material escolar

O Concello das Pontes destina 35.000 euros á convocatoria de axudas para a adquisición de …