Durante todas as mañás do 15 ao 19 de xullo, os rapaces de 4 a 16 anos gozarán do fútbol no marco da última edición do Campus de Verán da Fundación Celta en Ares inaugurado este lúns 15.
Monitores do club olívico acompañarán á mocidade no seu proceso de aprendizaxe, procurando un entrenamento de habilidades técnicas e tácticas, pero tamén un desenvolvemento de valores fundamentais como o compañeirismo, o respecto ao outro e o traballo en equipo.
O campo de fútbol municipal de Prados Vellos é o espazo que centraliza toda a actividade do Campus, unha iniciativa que leva dende o 2011 organizándose na contorna aresá, sendo o municipio un dos lugares con máis tradición dentro da oferta lúdico-formativa do Celta; un dato que remarca as relacións sólidas existentes entre o Concello, o club olívico, a SDR Numancia de Ares e a Federación Galega de Fútbol en Ferrol, os axentes que interveñen directa ou indirectamente na materialización do evento.
O intercambio de coñecementos entre adestradores e xogadores locais, mais tamén o bo ambiente de aprendizaxe, caracterizan un ano máis esta nova edición, que chega cunha novidade: a súa modalidade de porteiros, que achegará formación específica para este perfil futbolístico do 22 ao 26 de xullo.