Os clubes deportivos de Fene poden solicitar horas de adestramento de pretempada

Este luns 15 de xullo ás 8.30 horas abre o prazo para que os clubs de Fene soliciten horas de adestramento para a pretempada no campo de Fútbol Os Pinares e no pavillón polideportivo da Xunqueira, así como para a tempada 2024/2025 no campo de Fútbol e nos dous pavillóns.

Pavillón Xunqueira

Os clubs que estean interesados deben remitir nas datas que se indican na normativa, a relación de horas que soliciten de cada instalación para a pretempada e para a tempada 2024 -2025, especificando o equipo (deporte e categoría) que vai utilizar cada hora. As solicitudes deberán presentarse telemáticamente, na sede electrónica do Concello de Fene https://sede.fene.gal/sxc/gl/

As solicitudes de pretempada realizaranse unicamente para o campo de Fútbol dos Pinares e para o pavillón da Xunqueira. As solicitudes de adestramento da tempada poderán realizarse para o campo de Fútbol dos Pinares, pavillón da Xunqueira e pavillón do Ramo. Deberase comunicar se se solicita pista/campo completo ou terzo de pista/medio campo. No caso de non especificar, entenderase que se solicita pista ou campo completo.

Os períodos de adestramento da pretempada e da tempada serán os seguintes:

CAMPO DE FÚTBOL DOS PINARES:

Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 31 de agosto de 2024.

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de setembro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL “A XUNQUEIRA”

Adestramentos de pretempada: do día 1 ao 30 de setembro de 2024.

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O RAMO

Adestramentos de tempada: dende o día 1 de outubro de 2024 ata o 30 de xuñode 2025.

Máis información (follas de solicitude de adestramento para a pretempada e tempada e normativa de solicitude) na web do Concello de Fene www.fene.gal.

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …