Apertura de inscrición na “V Carreira nocturna Cidade de Narón”

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou xunto con Alberto Barral e Xurxo Gómez, presidente e tesoureiro respectivamente do Club Pasa ou Entorna, a quinta edición da Carreira nocturna Cidade de Narón, organizada polo Concello en colaboración co citado club local. A inscripción abrirá este venres 12

A convocatoria terá lugar o vindeiro 17 de agosto na cidade, con saída e meta na Praza de Galicia, tal e como avanzou o edil naronés.

As categorías establecidas son as de senior (16 a 34 anos); veterano A (35 a 44); veterano B (45 a 54) e veterano C (de 55 en adiante). Todos eles percorrerán un tramo de 7.000 metros, por diversas rúas da zona urbana, e sairán da meta ás 21:30 horas. O prezo de inscrición é de 7 euros.

Haberá trofeos para os tres mellor clasificados masculinos e femininos tanto na categoría xeral como os/as tres primeiros/as de cada categoría. Tamén se entregará un agasallo ao corredor e á corredora de maior idade e entregarase o premio “A Picotiña”, para o corredor e a corredora que realicen no menor tempo o tramo de subida á Picotiña, que será cronometrado e ten unha distancia duns 450 metros e que ademais queden clasificados nos 30 primeiros postos do seu sexo na categoría xeral.

Nas carreiras de menores, que comezarán ás 20:00 horas, haberá as categorías de gazapos (nados de 2017 a 2020 incluído), que percorrerán uns 100 metros; coelliños (de 2015 e 2016) que percorrerán 450 metros; coellos (2012 a 2014) que correrán 650 metros e lebres (2009 a 2011), que percorrerán 1.200 metros. O custe da inscrición é, neste caso, de 1 euro.

O cartaz deste ano protagonízao Guadalupe Rubio, integrante do Pasa ou Entorna e recentemente proclamada campiona galega de trail-runnig. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a partir de mañá venres, ás 10:00 horas, e ata o 13 de agosto a esa mesma hora, a través da web: www.sportmaniacs.com ou na aplicación saudeter live, tal e como avanzaron.

Poderán participar un máximo de 500 persoas adultas e 200 menores, tal e como se recolle no regulamento.

As persoas interesadas poden informarse de toda a actualidade do evento a través das redes sociais do club Pasa ou Entorna (Facebook e Instagram).

O concelleiro de Deportes agradeceu a implicación do club local na organización deste evento, un dos clásicos na área deportiva da cidade, e animou á cidadanía a inscribirse e desfrutar da xornada.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …