Narón organiza unha nova edición de «Noite no mosteiro» cun espectáculo de iluminación artística e música no Couto

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou a celebración, este sábado día 13, dunha nova edición do evento “Noite no mosteiro”, organizado polo Concello de Narón e que se celebrará no mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto). A cita inclúe un espectáculo de iluminación artística no interior e exterior do cenobio e música sacra no interior a partir das 22.30 horas.

A edil naronesa explicou que os concertos terán unha duración aproximada de vinte minutos cada un, sucedéndose ata as 01.00 horas e con entrada de balde. O aforo dos concertos é limitado pola capacidade do recinto, polo que se incorporarán os asistentes por orde de chegada.

En canto á iluminación musicada, combinarase a iluminación de cores no exterior e no interior ao ritmo da música, entre cada pase do concerto e ao remate deste, tal e como avanzou Hermida. A edil animou á cidadanía a desfrutar desta xornada “nun dos entornos máis especiais da nosa cidade e nun dos elementos patrimoniais, o mosteiro do Couto, declarado Ben de Interese Cultural, ubicado nas inmediacións do Camiño Inglés cara a Compostela”.

Lea también

Á venda en Narón as entradas para a Festa infantil solidaria pola DANA

As entradas para asistir á Festa infantil solidaria que se celebrará en Narón este sábado …