Ferreira de arriba, San Sadurniño, honra esta fin de semana a San Cristovo

Fuente Concello de San Sadurniño/ Ferreira de arriba honra a San Cristovo

Despois dunha multitudinaria Santa Isabel e un fantástico Río Castro, San Sadurniño encadea unha nova fin de semana trouleira, desta vez en Ferreira de arriba.

Alí celebrarase o San Cristovo, unha das festas con máis raíz do municipio e unha das poucas que nunca, ou case nunca, queda por facer. Despois de varios anos cun só día, e trala interrupción pandémica, desde 2023 as honras ao santo recuperaron o seu xeito de sempre, con dous días de romaría que convida a ir de merendada. Ademais seica vai vir bo tempo.

Así, este sábado 13 de xullo celebrarase misa na capela a iso das 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú animada pola orquestra Antha. A verbena da noite contará tanto con esta formación como coa televisiva cantante Tania Veiras.

Por certo, para este día, a AVV Adiante de Igrexafeita está organizando o seu tradicional xantar campestre do San Cristovo que ten aberto ata hoxe o prazo de reservas no 696 912 975 ou no 628 121 820. Levarán de comer empanada, ensaladilla, xamón escaldado con chourizos e sobremesa, sempre e cando se xunte un grupo mínimo para ir de merendada a Ferreira, claro.

O domingo 14 os actos relixiosos están postos para as 13:30h e, unha vez rematen, comezará unha función co grupo Master. A comisión volve optar este ano por unha sesión vermú longa e e por suprimir a verbena da noite, seguindo así unha moda iniciada hai uns anos que hoxe está totalmente asentada nas celebracións patronais do rural galego.

Nuns días, xantar do Biscordel e Santa Mariña en Naraío

A celebración do San Cristovo en Ferreira daralle paso a unha fin de semana de paréntese antes das dúas citas das que temos constancia para finais de mes.

A primeira é o sábado 27 de xullo na pista polideportiva da Torre, en Igrexafeita, onde a comisión de Festas do Biscordel 2024 organiza un xantar popular a prol da celebración de mediados de setembro.  Servirán un menú a base de polbo, costela asada, sobremesa, café e licores ao prezo de 30€ as persoas adultas, 15€ a rapazada de 7 a 12 anos e gratis as nenas e nenos menores de 7 anos. Ademais de xantar tamén haberá animación musical -na sesión vermú e ao longo da tarde- con ELI.

Os tíckets estarán dispoñibles até o 25 de xullo  na Parrillada María Queira, no Bar Ferreira, no Bar Vales (As Pontes) e na sección de crédito da Cooperativa de Meirás en Naraío.

Ao día seguinte, o domingo 28 de xullo, a comisión de festas de Naraío volverá honrar a Santa Mariña na capela situada no lugar da Fraguela. Será cunha misa ás 12:30h seguida da actuación dun grupo de gaitas.

Lea también

Los tres finalistas del Concurso Intl de Piano Ciudad de Ferrol actúan en el auditorio

La organización del XXXIV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Ferrol ha comunicado el nombre …