Inscrición en Narón na III carreira de orientación do festival Gulliver Fest

A programación do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest que se celebrará do 9 ao 11 de agosto en Pedroso incluirá un ano máis unha carreira de orientación.

Esta cita será o sábado día 10, ás 10:00 horas, e está xa aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en participar, ata un máximo de 250 persoas, tal e como avanzou a edil de Turismo, Natalia Hermida.

A iniciativa está impulsada polo Concello de Narón, a asociación Furgo Galicia e o club Raid Gallaecia.

O formato desta carreira será rogaining e terá dous percorridos, un de iniciación, apto tamén para principiantes, e outro ultrascore rogainig, cun formato nesta última modalidade individual aínda que se poderá progresar durante toda a carreira en parellas, acompañando, no caso de que así o decidan os participantes, tal e como se estipula nas bases.

As inscricións poden tramitarse ata o 4 de agosto, debendo abonar os menores de 14 anos unha cota de 5 euros para a modalidade de iniciación e os menores de 14 a 18 en iniciación unha de 10 euros, ao igual que as categorías de adultos e ultrascore rogaining.

A estas contías hai que engadir 2 euros pola licencia dun día para as persoas que non estean federadas en deporte de orientación. As inscricións poden realizarse a través da web: gulliverfest.naron.gal.

En canto aos premios, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina de rogaining.

Lea también

El Concello adjudica por más de 450.000 euros las obras de mejora del complejo deportivo Javier Gómez Noya

El Concello de Ferrol ha adjudicado las obras de mejora del complejo deportivo Javier Gómez …