Se reanuda en Cedeira o suministro de auga á poboación

A consellería de Sanidade vén de autorizar ao Concello de Cedeira a renovación do suministro de auga da poboación despois de que as últimas analíticas realizadas tanto no depósito de cabeceira de Campo da Cruz como na rede detectaran que non hai presenza de norovirus.

Quedan sin efecto así as medidas restritivas que aplicou o Concello hai unha semana por precaución, a raíz da aparición dun abrocho de gastroenteritis que puidera estar relacionado co consumo de auga.

Estas medidas consistiron en desaconsellar a utilización da auga da traída e na realización do subministro a través de camións cisterna.

Os resultados do seguemento que se realice a partir de agora para garantir que auga continúa mantendo os parámetros normais notificaranse tamén á propia Consellería de Sanidade.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, expresou o seu agradecemento polo comportamento exemplar que ao longo de este tempo mostraron tanto a poboación cedeiresa como o Centro de Saúde, a empresa Viaqua, concesionaria do servizo de auga, e a consellería de Sanidade, ao tempo que mostrou a súa satisfacción pola resolución desta incidencia.

Lea también

Ortigueira presenta un variado programa de actividades para la Navidad

El Concello de Ortigueira ha diseñado una completa agenda de actividades navideñas que promete llenar …