O Festival Atlántica despídese esta fin de semana cun maratón de contos nunha ducia de sedes

Guillermo Llorca- Roteiro Ferrol no cantón de Molíns (Foto Carlos Carballeira)

A duodécima edición do Festival Atlántica clausúrase esta fin de semana cunha intensa programación que espallará a arte da narración oral por unha ducia de puntos de Galicia e Portugal. Un total de vinte actividades desenvolveranse nos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Ferrol, Palas de Rei, Outes, Alfoz, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vilalba, Chantada e A Estrada e mais en Pitões das Júnias e Meaus, en Portugal. Contos, música, un roteiro en bicicleta, unha visita guiada ou contos nos árbores son algunhas das actividades que figuran no programa.

Pola súa banda, Ferrol pecha a celebración dos seus dez anos como sede Atlántica con dúas propostas este sábado 6. A primeira será ás 12 horas no Parque Raíña Sofía onde Raquel Queizás engaiolará aos máis pequenos con Mares de contos. No mesmo lugar, pero ás 21 horas, será a quenda dos adultos con Unha chea de contos de Avelino González.

Vermú de contos

A clausura festiva deste XII Festival Atlántica será o domingo, 7 de xullo, co tradicional Vermú de contos que xunta aos artistas e o público a redor dun xantar colectivo onde uns e outros están convidados a compartir historias (A Estrada, lugar de Riobó, a partir das 13 horas).

O XII Festival Atlántica é posible grazas ao patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña e ao apoio dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Teo, Alfoz, Caldas de Reis, Dodro, Mugardos, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sanxenxo e Vilalba.

A programación actualizada pódese consultar na web festivalatlantica.gal.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …