As Pontes acolle o VII seminario internacional Krav Maga Training Camp

Fuente Concello de As Pontes

O salón de plenos do Concello de As Pontes acolleu este venres 5 a presentación da 7a edición do seminario de defensa persoal International Krav Maga Training Camp organizado pola escola de defensa persoal e policial HKF, e que se vai celebrar o vindeiro sábado 6 de xullo, de 10:30 a 13:30 no entorno do lago de As Pontes.

Elena López, concelleira de deportes, daba a benvida ao organizador do evento e director da escola de defensa persoal HKF, José Rodríguez, e a Martín Luna, mestre internacional de Krav Maga, e agradecíalles o esforzo de organizar un evento que xa leva, con esta, sete edicións, as dúas últimas de carácter internacional.

José Rodríguez especificaba que o seminario vaise dividir en catro grandes bloques: defensa persoal feminina, defensa persoal infantil, defensa persoal militar e policial, e un apartado específico de defensa para persoal sanitario.

Martín Luna, pola súa banda, quixo agradecerlle ao Concello de As Pontes o apoio incondicional, tanto á escola de defensa persoal, como á organización deste seminario, que conta con máis de cen
participantes inscritos.

Finalmente, Elena López aproveitou a ocasión para convidar a toda a veciñanza a visitar o lago das Pontes na mañá do sábado 6 de xullo para gozar das actividades deste seminario de defensa persoal nun entorno privilexiado.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …