Cabanas licita a mellora do camiño de As Modias por valor de 52.394,21€

O Concello de Cabanas saca a licitación a mellora do camiño de As Modias por un valor total de 52.394,21€ (IVE engadido).

Esta actuación supón unha mellora importante no vial municipal dado o seu estado actual. A actuación contempla un novo aglomerado no camiño e tamén unha mellora da recollida de augas coa instalación de sumidoiros e a súa canalización.

Dase continuidade así á axenda de mantemento de camiños e viais municipais levada a cabo dende o Concello, co fin de seguir mellorando as infraestructuras e mellorar a seguridade no termo municipal.

Esta obra ven financiada a través da Deputación da Coruña co Plan de Obras e Servicios (POS+2023).

As empresas interesadas en licitar teñen de prazo ata o 17/07 ás 23.59h.

Están publicadas na plataforma PLACE e ao final deste artigo están os PDF para a súa descarga.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …