O atletismo galego iguala con sete atletas en París o seu tope histórico

Un total de sete atletas e dúas xuizas serán os que representen ao atletismo galego nos vindeiros Xogos olímpicos de París 24.

Ana Peleteiro-Fot. RFEA-Miguelez Team 02/2024

A lista que era anunciada este mércores 3 polos responsables da Real Federación Española de Atletismo, confirmaba o máximo número de atletas posibles ca inclusión finalmente de Yulenmis Aguilar no concurso de xavelina que foi dúbida pola súas molestias no ombreiro ata última hora.

Xunto a Yulenmis Aguilar estarán na capital francesa a campiona europea indoor e bronce olímpico en Tokio Ana Peleteiro no concurso de triplo; o campión de europa indoor dos 800 m. Adrián Ben; a subcampiona de España dos 10.000 marcha Antía Chamosa na proba de maratón por relevos mixtos;  a finalista europea Belén Toimil en peso e a dobre presenza galega na proba de maratón por parte dos campións de España da modalidade Ester Navarrete e Tariku Novales.

A maiores, están designados pola World Athletics as xuízas internacionais Loreto Pérez quen debuta nunhas olímpiadas e Dolores Rojas que suma nada menos que a súa cuarta participación logo de Atenas-04, Londres-12 e Tokio-20.

Con esta importante presenza, «o atletismo galego confírmase como unha das federacións galegas con maior número de deportistas en París igualando o seu maior rexistro histórico que data de Barcelona-92 na que estiveron participando  Alejandro Gómez, Estela Estévez, Carlos Adán, Carlos de la Torre, Angeles Barreiro, David Varela e Julián Sotelo«, afirma a Federación Galega de Atletismo.

Ademáis a Federación Galega informa que «na capital francesa acádarase o número redondo de 50 participacións de atletas galegas e galegos nas distintas edicións nas que Carlos Pérez (Roma-60,México-68, e Munich-72) Alejandro Gómez (Seoul-88, Barcelona-92 e Atlanta-96)  e Alessandra Aguilar (Beijing-02, Londres-12 e Rio-16) son os que máis participacións acumulan».

Lea también

Álvaro Mardones llega cedido al Racing de Ferrol procedente del RC Deportivo de La Coruña

ADN racinguista para reforzar la zaga. Álvaro Mardones Esplúguez (Ferrol, 2005) jugará en el Racing …