Trece establementos de Narón participan na 2ª edición da Ruta do pincho do pemento do Couto

 

Un total de trece establecementos de hostalería de Narón ofrecerán dende mañá día 4, e ata o 14 deste mes, diferentes elaboracións co pemento do Couto como ingrediente principal. Todos eles participan na Ruta do pincho do pemento do Couto organizada polo Concello, que sorteará entre a clientela tres ceas valoradas en 100 euros cada unha e entregará ao establecemento coa tapa mellor valorada un premio en metálico de 300 euros.

As tapas serviranse a un prezo de dous euros, ao mediodía de 13:00 a 15:00 horas e polas tardes dende as 20:30 ata as 22:30 horas. Os establecementos participantes son A Toxiña –con a mollina coutona -; A Roldana –pementos e chourizo-; El nuevo tapeo –nacho do Couto-; Fame Kanalla –Jazpacho, con queixo e cereixas-; El Ovivo –bocado do Couto-; Nueva Orleáns –tapa Nueva Orleáns-; Sta&Icía –costela Couto crispy-; Australian –crocante do Couto-; Casa Sindo –O Couto en dúas texturas-; El Colonial 1920 –Tortilla do Couto e dous queixos-; Mamá Flora –milfollas do Couto-; O Lugar –clasiquiña- e Clandestino Burguer –hamburguesa clandestina-.

A clientela que deguste as tapas deste certame poderá participar no sorteo das ceas –que serán nalgún dos establecementos participantes- votando como mínimo catro de diferentes locais, depositando a papeleta cuberta cos seus datos na urna que se colocará nos establecementos participantes. Aquelas nas que non conste que se probaron catro pinchos diferentes serán anuladas. Nos pousavasos que se entregarán aos locais está impreso un código QR que dá acceso ao mapa coa ubicación de todos os establecementos que participan nesta convocatoria.

En canto aos establecementos, será tamén a clientela a que vote, nun rango do 1 ao 5, a tapa que máis lle guste, resultando gañador dos 300 euros aquel que obteña maior puntuación.

Olga Ameneiro y a alcadesa Marián Ferreiro na presentación de II Ruta do pincho do Pemento do Couto no Concello de Narón

A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, incidiu na oportunidade que supoñen este tipo de iniciativas para dar a coñecer as múltiples posibilidades que ofrece o pemento do Couto e, ao mesmo tempo, da gran calidade da hostalería local, á que agradeceu a súa implicación e colaboración.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …