Pontedeume celebra o XIV Feirón Medieval dos Andrade

Torreón Pontedeume

O Concello de Pontedeume presenta a programación completa dunha nova edición do seu tradicional Ferión Medieval, que terá lugar esta fin de semana.

O XIV Feirón Medieval dos Andrade dará comezo ás 17:30 deste venres, día 5 de xullo, coa inauguración do mercado e das zonas de atraccións infantís e de xogos tradicionais, e se prolongará ata o domingo 7 de xullo.

Á mesma hora do venres serán inaugurados tamén o posto de tiro con arco no patio do convento e a Eira d@s Nen@s – Xoaniña, unha zona de xogos infantís con monitores que funcionará durante os tres días.

Ao longo da tarde e da noite do venres haberá tamén diversos espectáculos musicais e pasarrúas, teatro de títeres e outras actividades. Ás 19:45 será o desfile inaugural dende o Torreón ata a Casa do Concello, onde terá lugar o pregón a cargo do cantautor e escritor Xoán Rubia. O mercado estará aberto ata as 00:00.

O sábado 6 ás 11:00 abrirán os postos e demais zonas de actividades. A Eira d@s Nen@s comezará co seu horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00, e no mesmo horario funcionarán os campamentos medievais Viaxeiros no Tempo e Lucus Medievo e mais os obradoiros da Alameda de Aprendices.

De novo haberá numerosos espectáculos, concertos e actividades. Ás 11:45, os soldados de Lucus Medievo desfilarán polo mercado, facendo escaramuzas e secuestrando 2 irmandiños, e ás 12:00 chegará por primeira vez ao mercado O Carro para levar aos nenos. O mercado pechará ás 15:00 e se reanudará ás 18:00. Ás 22:00 terá lugar a Revolta Irmandiña, como parte dos campamentos Viaxeiros no Tempo e Lucus Medievo. O señor de Andrade e o seu escudeiro percorrerán o mercado a cabalo para pelexar cos Irmandiños.

Ás 23:30 do sábado haberá un espectáculo de malabares de lume, acrobacias, zancos, circo aéreo e pirotecnia, ao cargo da compañía Arlequín Teatro. Ás 23:45 na praza do Concello será o ritual e a degustación da queimada. O mercado pechará ás 00:30.

O domingo volverán abrir o mercado e as zonas de actividades no mesmo horario que o sábado. Ás 12:30 será o sorteo de premios entre os caracterizados na praza do Convento.

Ás 23:00 terá lugar un novo espectáculo a cargo de Artlequín Teatro, e tamén un concerto de música medieval da agrupación O Fauno e os seus Adlátres, que pecharán a programación do Feirón Medieval dos Andrade 2024.

Enlace ó  Programa Feirón Medieval dos Andrade 2024

Lea también

Nace la «Asociación de Amigos do Museo da Cidade de Ferrol» con el objetivo de impulsar su creación

La presidenta de la recién creada ‘Asociación de Amigos do Museo da Cidade de Ferrol’, …