Celebrouse a III BTT Concello de San Sadurniño

Néboa e orballo constante acompañaron durante boa parte da xornada ás 150 persoas que participaron na III BTT Concello de San Sadurniño, coorganizada pola área municipal de Deportes e o club MTB Biela e Chaveta

BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo

A cita desenvolveuse o domingo 30 sen incidencias ofrecendo dous percorridos superpostos, un de 46,5 quilómetros e outro cercano aos 30, en ambos casos de dificultade media.

A ruta foi non competitiva e, polo tanto, sen control de tempos. Porén, a organización puido verificar que o primeiro ciclista en pasar polo arco de chegada na ruta longa logrou completar o trazado en pouco máis de dúas horas e dez minutos. 
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
Os únicos trofeos que se entregaron foron para as persoas participantes de máis idade, Mónica Lama Pérez e Manuel Ares Fernández, e para as máis novas, Lucía Piñón Pereira e Daniel Couce Couce. Tamén houbo un galardón para o ciclista chegado desde máis lonxe, que neste caso foi Enrique Murias Fernández, do Club Oiense (Oia, Pontevedra).
 
O trofeo ao grupo máis numeroso foi para o Club Ciclista Narón e en canto a participación feminina houbo empate entre o Club Ciclista Esmelle e o Beny Gym
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
A III BTT Concello de San Sadurniño rematou dentro do horario previsto cun xantar de confraterrnidade entre ciclistas, organización e persoas colaboradoras, a quen tanto o Concello como Biela e Chaveta lle agradecen a súa axuda controlando os cruzamentos de estradas, nos puntos de avituallamento e mesmo ofrecendo asistencia para recoller en distintos puntos ás e aos participantes que abandonaron a proba antes de rematar.
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
BTT Concello de San Sadurniño/ Cesar Galdo
 
O consistorio e club lembran, por outra banda, que xa está aberto o prazo de inscrición para a seguinte cita coa bicicleta, que terá lugar en Naraío o venres 23 de agosto coa celebración da II Cronoescalada Sanrockeira,  unha dura subida sobre asfalto de algo máis de 3 quilómetros que se celebrará na véspera das festas patronais de Naraío. 
 
A última proba do calendario municipal deste ano será unha BTT nocturna fixada para o 27 de setembro.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …