Novos talentos do jazz contemporáneo danse cita en lugares máxicos da costa ártabra

Fuente Festival Jazz de Ria/ Alba Careta

Do venres 16 ao martes 20 de agosto, Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira serán de novo os escenarios da oitava edición do Jazz de Ría, que este ano contará con un cartel de artistas que representan os novos camiños do jazz, confirmándoo como un xénero cada vez mais vivo e presente de forma orgánica nas propostas artísticas que van emerxendo.

O festival arrancará coa indómita e inclasificable natureza artística do pianista menorquín Marco Mezquida no Pazo da Cultura de Narón para viaxar despois desde as abordaxes intimistas das galegas Antía Muíño e Leticia Rey ata o jazz de cuño mediterráneo de Alba Careta Group e Magalí Sare & Manuel Fortià, facendo paradas tamén no jazz-rock progressivo dos ferrolanos Demo Rumudo, no proxecto vertebrador do Cuarteto Federal, e na aposta persoalísima do compostelán Pablo Sanmamed Trío, desta vez xunto ao óboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero

Fuente Festival Jazz de Ria

Completan o programa as aulas abertas de baile conducidas por Swing On, o curso de palmas flamencas que impartirá Isaías Salazar, un obradoiro de fabricación de instrumentos musicais con material de refugallo a cargo da Escola da vaca, o piano bar itinerante de Le BarLuthier, e un roteiro musical polos Balcóns do Atlántico cunha intervención do saxofonista Lois Rivera.

Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre, agás o obradoiro da Escola da Vaca, para o que será preciso facer inscrición de balde a partir do 1 de agosto na web do festival. 

O Jazz de Ría continúa fiel ao seu obxectivo de converter a costa ártabra nun territorio de referencia dentro do mapa dos festivais de jazz, cunha proposta na que se funden música e identidade, desde os principios da sostibilidade e a responsabilidade coa contorna natural e social.

Lea también

As Pontes premia a creatividade culinaria dos mellores sabores a base de cogomelos

O programa “As Pontes, Terra de Cogomelos” é unha aposta do Concello das Pontes polo …