Cesión da maqueta 13 rúe del Percebe ó museo do Humor de Fene

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o autor da maqueta, Fran Guerra, asinaron o convenio de cesión polo que a peza pasa a expoñerse nas instalacións do museo fenés. Tamén asistiu ao acto o concelleiro de Cultura Justo Ardá.
 
 
A maqueta, que se pode ver xa na sala de Banda Deseñada (3º andar da Casa da Cultura) está realizada con pezas do antigo xogo de construcción Exin Castillos e nela adáptase e reprodúcese unha das macroviñetas do edificio de apartamentos ubicado en 13 rúe del Percebe e a peculiar comunidade que o habita.
 
Así, en 13 rúe del Exin, o autor da peza, Fran Guerra, incorpora nas distintas vivendas esceas épicas (HistoreX), de indios e vaqueiros (Exin West) e mesmo hai unha Mansión Monster. Tamén se fan referencias a persoaxes populares coma Robin Hood ou Shrek e aos míticos Mortadelo e Filemón de Ibáñez.
 
Exin Castillos é un xogo de construción dos anos 70-80 “que está nos recordos dos que nacemos daquela e permanece vivo grazas ós afeccionados que seguen construíndo con el e facendo exposicións». Nos últimos anos foi reeditado co nome de “NG Castillos” e, da man da impresión de pezas 3D, vive unha nova e prometedora etapa.
 
A Asociación Exin Castillos e West está formada actualmente por uns 40 socios dos que 7 están en Galicia. A súa finalidade é a promoción do xogo de construción por medio de exposicións e a asistencia a feiras e eventos en todo o país.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …