Video da clausura en Fene do taller de defensa personal

Fot. archivoO Concello de Fene dende a concellaría de Benestar social e igualdade, que dirixe a concelleira Sandra Permuy Meizoso, ven de desenvolver o taller “Defensa Persoal. Autoconfianza e empoderamento” durante 9 meses, dende outubro de 2023 ata xuño de 2024.

O taller se desenvolve mediante dúas sesións semanais, unha para mulleres adultas e outra para rapazas de entre 13 e 18 anos. O obxecto fundamental é formar as mulleres en defensa persoal e así mellorar a confianza en sí memas tendendo a o seu empoderamento. As mulleres aprenderon a defenderse a través de técnicas tales como Kicboxing e Taekwondo.

A participación das mulleres e rapazas nesta segunda edición foi moi boa, participando moy activamente en todas as actividades propostas e acudindo a súa cita semanal con moitas ganas e entusiasmo.

Este ano quixeron dar visibilidade a esta actividade e para clausurar editaron un video que vale máis que as palabras.

Adxúntase o video

Lea también

As Pontes destina 35.000€ en axudas para a adquisición de material escolar

O Concello das Pontes destina 35.000 euros á convocatoria de axudas para a adquisición de …