O alcalde de Lomza visita colexios de Narón para coñecer os proxectos do Concello en materia de educación viaria

Na xornada de este xoves visitaron Narón o alcalde da cidade polaca de Lomza, Mariusz Chrzanowski, e o responsable do departamento de cultura e deporte, Krzysztof Fabiszewski, acompañados polo edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, e os responsables do equipo de
Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López.

Sobre as 10:00 horas chegaron ao Pazo da Cultura, onde tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións e tamén parte do traballo que se realiza nelas ao longo do ano. Posteriormente a comitiva desprazouse aos colexios da Solaina, pioneiro na implantación da educación viaria entre o
alumnado de Narón, e o Ponte de Xuvia, onde coñeceron as instalacións dos centros e tamén parte do traballo que se desenvolve nestas áreas. Así mesmo, na zona de Xuvia visitaron o novo parque de auga, que entrou en funcionamento hai unhas semanas, e a zona do paseo marítimo.

Os representantes do goberno local de Lomza estiveron tamén esta mañá no Concello, onde os recibiu o edil Manuel Ramos, acompañado de Oreona. Nunha das salas de Alcaldía visionaron un vídeo sobre a cidade, no que se fai especial fincapé nas áreas de cultura e deportes, pero tamén na parte industrial da cidade e na oferta de lecer. Ao remate da visita institucional Ramos entregoulles como agasallo unha litografía e a tarta de Narón e o alcalde e o responsable de cultura e deportes en Lomza entregárolles tamén unha sobremesa típica da súa cidade, unha bandeira do seu equipo de fútbol e un libro de Lomza.

Esta mesma tarde, e antes de abandoar a cidade, está previsto que visiten as instalacións do colexio de Piñeiros, para coñecer o sistema deaparcadoiro de bicicletas e patinetes, e tamén regresarán ao Concello para coñecer máis polo miúdo o edificio da Casa Consistorial.

Os representantes polacos agradeceron o recibimento do Concello naronés e valoraron o traballo que realiza en materia de educación e seguridade viaria, destacando a importancia desta visita. Pola súa banda, Ramos e Oreona, déronlles a benvida e ofreceron a colaboración do Consistorio en futuros proxectos que se poidan desenvolver entre ambas cidades nestas áreas.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …