Unha trintena de galegas toman parte nos Campionatos de España de atletismo

Fuente Federación Galega de Atletismo/ Hugo Vázquez

Unha trintena de atletas galegos tomarán parte desde este venres 28 no Campionato de España absoluto que se disputa na localidede alacantina de La Nucía. Entre elas destaca a presenza de catro dos nosos participantes no último europeo de atletismo desenvolto recentemente en Roma.

Valores seguros

A flamante campiona de Europa en triplo, Ana Peleteiro (final venres ás 21.10 h.) parte como clara favorita dun campionato que leva gañado en seis ocasións e que servirá a de Ribeira como último test previo aos Xogos olímpicos.

Belén Toimil é outro dos grandes valores referentes do noso deporte. A plusmarquista de España atópase nun fantástico estado de forma que a fixo ser quinta nos campionatos de Europa logo de lanzar durante o 2024 nove veces por riba dos 18 metros. En La Nucía loitará polo seu quinto título consecutivo en peso (Final, domingo ás 12:00 h.)

Algo máis complicado o terá Adrian Ben quen defende o título na proba dos 800. O actual campión de Europa indoor e mellor marca nacional con 1:44.41, terá enfronte a un elenco de atletas de nivel mundial entre os cales se atopa o bronce europeo en Roma Attaoiu, o campión do mundo indoor Mariano García, ou o sempre combativo Alvaro de Arriba por citar algúns. A emocionantísima final será o domingo ás 13.30 horas.

Yulenmis Aguilar quen debuta con dereito pleno a medalla nun campionato de España, achégase con problemas físicos que xa a impediron lanzar en condicións no Campionato de Europa. A importante lanzadora, que este ano xa acreditaba 63.91 m., terá nos campionatos de España (final, domingo as 11.40 h.) o último test para determinar si a súa lesión lle permite estar en París ou non.

Moitas opcións de medallas

No resto de participantes compre destacar a presenza da campioa de España de lanzamentos longos Carmen Sánchez quen acude ca terceira mellor marca das concursantes aspirado novamente a postos de podio de todo un nacional. Xunto á coruñesa estará tamén no corredor de lanzamentos a campiona galega Paula Piñón.

O disco contará tamén ca actuación da campiona autonómica no pasado certame de Vigo, María Ezquerro da Gimnástica, quen intentará rebasar a barreira dos 49 m. da quen tan só a separan catro centímetros.

Nos resto de lanzamentos, a ourensá Sub20 Blanca Pereira, de retorno da súa estancia universitaria en EEUU, acredita un excelente lanzamento en martelo 58.65 m. que a colocan en postos de finalista por marcas. Pola súa banda, Carlos Revuelta estará novamente nun campionato de España xunto ao campión galego Eric Méndez na procura dun posto na final do campionato.

A internacional e campiona de España dos 10.000 marcha no ano 2020 Antía Chamosa, tomará parte nesta edición logo da súa convocatoria olímpica para os Xogos no relevo mixto, sendo este un excelente momento para reafirmar a súa candidatura. Xunto á marchadora da Gimnástica tamén tomarán parte tanto Aldara Meilán como Dani Chamosa e Juan Manuel Morales na procura de redondear un excelente ano para eles.

Fuente Federación Galega de Atletismo/ Uxia Pereira

Os valos será a especialidade que máis atletas galegos aporte a este campionato de España. Na mesma contaremos ca participación dos protagonistas do último campionato galego absoluto, Uxía Pereira da At. Lucense e Hugo Vázquez do Marineda Atlético.

O coruñés lograba o récord galego da proba con 14.08 e que tan só o excesivo vento a favor invalidaron os 13.70 da lucense. Xunto a eles estarán participando Santi Rozas e David Vicente. Nos valos longos compre salientar os 59.65 que este ano ten acreditado Claudia Rojo que a sitúan con opcións de loitar por postos de finalista nunha proba na que tamén estará Lía Caride da Gimnástica.

Nas probas de velocidade presenza do internacional e plusmarquista galego absoluto Mauro Triana quen tomará parte nos 100 m. xunto a Pablo Tomé do Celta. Nos 400 m. o campión galego absoluto Jorge Román Leiros do Celta terá a oportunidade xunto a Jacobo Soler de estar correno por debaixo dos 47″ o que lles podería dar opcións de estar en toda unha finalísima.

Xunto a Adrian Ben estarán na línea de saída dos 800 m. o campión autonómico Hassan Izzeddine da Gimnástica, xunto ao internacional Elian Numa e Pedro Osorio. Pola súa banda a tamén campioa galega absoluta dos 1.500 m. Eva Piñel do Celta Feminino, contará cuna excelente oportunidade para mellorar os seus 4:28.89 que acredita como MMP.

Nos obstáculos será o Sub23 Mehdi El Nabaoui o único galego sobre a ría. O da Estrada acude en destacada progresión ca mellor marca Sub23 e novena absoluta nos 5.000 m. e sexta dos 3000 m.

Atención ao foso de lonxitude e a esos 7.73 m. que acredita o saltador da Gimnástica Sergio Coello que o posicionan na loita directa polos medallas do campionato.

Por último, teremos ao equipo de remudas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra tomando parte na proba dos 4×400 masculino.

Fuente Federación Galega de Atletismo
Fuente Federación Galega de Atletismo/

Lea también

Novos talentos do jazz contemporáneo danse cita en lugares máxicos da costa ártabra

Do venres 16 ao martes 20 de agosto, Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira serán de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *