Fene propón un verán deportivo para todas as idades

Bautismos de mergullo, cursiños de kaiak e paddle surf para adultos e para poboación infantil, campamento lúdico-deportivo e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2024.

As actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, entidades sociais e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. Algunhas, como a ximnasia de verán ou o bautismo de mergullo infantil serán de balde e para o resto haberá que pagar cotas populares, segundo o programa que se detalla a continuación.

Día do deporte na rúa

Un ano máis, os veciños de Fene e comarca poderán gozar de balde dun sinfín de actividades deportivas ao aire libre durante a celebración do 30º Día do Deporte na Rúa que terá lugar o domingo 7 de xullo na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío (no caso de choiva trasladarase ao pavillón da Xunqueira, en San Valentín).

O Día do Deporte na Rúa comezará ás 10.30 horas e durante tres horas e media (até as 14.00 horas), todas as persoas que o desexen poderán participar en calquera das actividades propostas:

Tirolina xigante, tiro con arco, esgrima, chave, boccia, circuito en cadeira de rodas, slak line, xogos tradicionais, karts, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3×3, hockei, indiaka, bádminton, carreiras de velocidade, volei con pelota xigante, xadrez xigante, chapas, fútbol, pintadas, cross training, futbolín humano inchable, tobogán inchable, inchable de saltos con obstáculos, tenis, judo, defensa persoal, taekwondo, karate, obradoiro de nutrición, obradoiro de valoración funcional, orientación e obradoiro de circo.

A tirolina xigante estará ubicada na Avenida de Tarrío e abrirá ao público o sábado 6 de xullo (de 17.00 a 20.00 horas), o domingo 7 ( de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas) e o luns 8 (de 17.00 a 20.00 horas)

Coma todos os anos, por participar nun mínimo de 3 actividades, os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada, até esgotar existencias.

Colaboran co Concello de Fene nesta actividade: a Deputación da Coruña, Eroski Fene, Colexio Jorge Juan Perlío, CCRD Perlío, Amigos da chave de Ferrolterra, Escudería Scratch Fene, Club Kang, Club Artes Marciais Fene e familia Bértoa.

Cursiños deportivos

A Concellería de Deportes de Fene organiza tamén para este verán diversos cursiños deportivos entre os que salientan:

  • Ximnasia de mantemento ao aire libre para toda a familia (gratuita)

Trátase dunha actividade física de grupo, nivel suave, que ten como obxectivo “manter ou mellorar a condición física xeral e pasar un rato agradable cos demais”

Datas: do 3 de xullo ao 30 de agosto

Horario: luns, mércores e venres laborables, de 9.45 a 10.45

Lugar: paseo marítimo de San Valentín (parte traseira do pavillón da Xunqueira) ou, no caso de choiva, interior do pavillón da Xunqueira

Destinatarios/as: persoas de todas as idades

Inscrición: non é precisa

  • Bautismo de mergullo infantil (gratuito)

Data: 29 de xuño

Horario: de 17 a 18 horas

Lugar: Piscina Municipal de Centieiras

Destinatarios: nenos de 10 a 14 anos

Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga)

Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 18 ao 27 de xuño, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas

Prazas limitadas: 12

Actividade gratuita

Organizan: Concellería de Deportes de Fene e CAS Nautilus

  • Bautismo de mergullo para maiores de 14 anos e adultos

Datas: 29 de xuño e 6 de xullo

Horario: de 18.00 a 20.00 horas (29 de xuño) e de 10.00 a 13.00 horas (6 de xullo)

Lugar: Piscina Municipal de Centieiras (29 de xuño) e Praia de Chanteiro (6 de xullo)

Destinatarios: persoas maiores de 14 anos

Requisitos: saber nadar, contar con permiso paterno/materno (no caso dos menores de idade) e dispoñer do material preciso (bañador, gorro, chanclas e camiseta para meter na auga na piscina). A organización proporcionará todo o material deportivo propio da actividade.

Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 18 ao 27 de xuño, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas

Prazas limitadas: 12

Cota: 6,25 €

Organizan: Concellería de Deportes de Fene coa colaboración do CAS Nautilus

  • Kaiak e paddle surf para adultos e poboación infantil

Actividade destinada a persoas adultas e poboación infantil maior de 8 anos que saiba nadar

Datas: do 22 de xullo ao 16 de agosto (os festivos 25 de xullo e 15 de agosto recuperaranse os días 26 de xullo e 16 de agosto, respectivamente)

Horario: de 11.00 a 13.00 horas en dúas quendas (1ª quenda, os lunes e mércores, e 2ª quenda, os martes e xoves)

Lugar: praia de Almieiras (Limodre)

Requisitos: saber nadar e dispoñer do material preciso para a actividade: chanclas pechadas que suxeiten o pé ou escarpíns, bañador, toalla, camiseta de recambio para estar na auga (de licra ou neopreno)

Inscrición: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 26 de xuño ao 17 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas

Cota: 15,70 € (a partir do 2º membro da unidade familiar empadroados en Fene: 12,56 €). Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis.

Prazas limitadas: 18 por quenda (36 en total)

Organiza: Concellería de Deportes de Fene coa colaboración do Mesón O Emigrante

  • Campamento lúdico e deportivo

Actividade con pernocta voluntaria e cea, velada nocturna e almorzo do día seguinte o último día do campamento (noite do 13 ao 14 de agosto)

Datas: do 1 ao 14 de agosto

Horario madrugadores: de 8 a 10.00 horas

Horario campamento: de 10.00 a 14.00 horas

Lugar: CMI Unidade de Fene

Destinatario: nenos nados entre 2012 e 2019

Requisitos: dispoñer do material preciso para o desenvolvemento da actividade (roupa cómoda e deportiva, bañador xa posto da casa, unha muda de roupa interior, toalla, chanclas, gorra, manguitos xa preparados da casa, merenda e auga)

Inscrición nenos empadroados ou escolarizados en Fene: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 26 de xuño ao 3 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas. Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis (empadroada ou escolarizada en Fene).

Inscrición nenos doutros concellos: no Departamento de Deportes (Avda. Naturais, 44, entrechán, Fene), do 4 ao 26 de xullo, de luns-venres, de 9.00 a 14.00 horas. Cada persoa poderá inscribir presencialmente aos membros da súa unidade familiar e a outra persoa máis.

Cota madrugadores: 34,45€ (27,56€ a partir do 2º membro da unidade familiar)

Cota só campamento: 28,20€ (22,56€ a partir do 2º membro da unidade familiar)

Prazas limitadas:30

Organiza: Concellería de Deportes de Fene. 

Lea también

O atletismo galego iguala con sete atletas en París o seu tope histórico

Un total de sete atletas e dúas xuizas serán os que representen ao atletismo galego …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *