Comeza o Campamento de Verán do Campus Industrial de Ferrol

 
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez, recibiron este luns aos 60 nenos de entre 6 e 16 anos que están a participar no Campamento Tecnolóxico de Verán Volemos! que acolle, por segundo ano consecutivo, o Campus Industrial de Ferrol. 
 
Coa axuda e baixo a supervisión do profesorado e alumnado da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), a cativada mergullarase en diferentes aspectos da enxeñaría, aprendendo desde os conceptos básicos ata as teorías máis avanzadas en campos como os da impresión 3D, o modelado 3D ou a da programación. 
 
Os obradoiros desenvolveranse entre o 24 e o 28 de xuño de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …