Psoe Ferrol «O Goberno municipal modifica o orzamento cada 48h dende a súa entrada en vigor»

Psoe Ferrol expresa a través dun comunicado o seguinte «o orzamento do ano 2024 do Concello de Ferrol entrou en vigor o pasado 23 de maio de 2024, incumprindo o alcalde Rey Varela o seu compromiso de entrar en vigor o 1 de xaneiro de cada ano».

«Desde entón, o goberno municipal do Partido Popular, encabezado por Rey Varela, realizou oito modificacións decrédito e dúas transferencias de crédito, o que pon de manifesto a falta de previsión e planificación na elaboración dese orzamento».

«Lembramos que unha modificación de crédito ou unha transferencia de crédito implica o traslado dunha cantidade de diñeiro dunha partida orzamentaria a outra, xeralmente debido á falta de previsión do gasto inicialmente planificado ou porque a cantidade asignada inicialmente non é suficiente».

«Na Comisión de Facenda, sorprendeunos que se presentara unha nova transferencia de crédito para cubrir certos gastos á conta de outros compromisos adquiridos no anterior mandato socialista. Isto é aínda máis preocupante cando parte desta transferencia de crédito se destina a aumentar en 120.000 euros o orzamento para as festas, ademais do xa asignado no orzamento aprobado hai apenas un mes».

«Ademais, non é aceptable que a falta de xestión do alcalde deixe na gaveta ata 2025 o listadonde investimentos sen financiación, entre os que se atopan»:

Ascensor parking do Cantón: 140.000,00 €
Praza de Rosalía: 250.000,00 €
Investimentos en viarios: 60.618,77 €
Maquinaria obras: 120.000,00 €
Fachadas e cubertas de FIMO: 210.867,04 €
Aglomerado camiño do Carquido: 71.304,34 €
Luminarias led A Gandara: 86.517,71 €
Tapón Rúa Penas de Guitín: 80.000,00 € «Xa advertíamos no ano 2023 que facer un orzamento no mes de outubro para entrar en vigor dous meses despois era propaganda política, e así se comproba coa baixa execución nos investimentos (32%) e na execución total (66%)».

«Esta situación demostra a incapacidade deste goberno para planificar, ter unha folla de ruta clara e saber o que se quere facer. Non se entende como, un mes despois de aprobar o orzamento municipal, se necesiten engadir 120.000 euros máis para as festas».

Desde o Grupo Socialista, «consideramos que esta xestión reflicte unha evidente falta de organización e previsión por parte do goberno municipal do Partido Popular, o cal repercute negativamente na planificación e execución de proxectos importantes para a cidade de Ferrol».

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …