Nova edición do S. Xoán de Sedes, Narón

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e a A.VV: Rosa dos Ventos de Sedes organizan para o vindeiro venres 21 de xuño unha nova edición do “S. Xoán de Sedes” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 17:00 horas cun obradoiro de Xogos Populares para grandes e pequenos, a partir das 19:00h. contaremos coa actuación da Banda de Gaitas “Airiños de Fene” da nosa cultura.

Ás 20:00 horas continúa a música tradicional, desta volta da man dos “Cantos de Taberna de Sedes” e seguidamente ás 21:00 horas darase inicio á churrascada popular cun prezo de 10 € ración e durante a cal haberá sorteos.

Como broche final da festa contaremos coa actuación do grupo folk Encrucillada que a partir das 22:00 horas presentará o seu novo traballo De Volta. A celebración rematará co prendido da tradicional lumeirada de S. Xoán.

A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e pola A. VV. Rosa dos Ventos de Sedes é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …