O BNG de Mugardos valora positivamente o encontro dos grupos da oposición

Despois da reunión mantida durante o día de onte, luns  17,  entre o Bloque Nacionalista Galego, EU e PSdeG-PSOE, Evaristo Deus, cabeza de lista do BNG de Mugardos, vén de facer este martes a súa valoración do encontro convocado pola dormación nacionalista..

Xuntanza miu satisfactoria

“As tres forzas consensuamos que o actual goberno traballa sen un plan nin estratexia a futuro, sen proxecto de vila nin propostas a medio-longo prazo”, expón Deus, que definiu a xuntanza como “moi satisfactoria” para a formación que lidera.

“Desenvolveuse nun clima de diálogo constructivo, o que permitiu acadar consensos na análise xeral: o goberno actual, despois deste ano de mandato, é incapaz de atender á veciñanza, solventar as necesidades fiscais do Concello, manter instalacións deportivas e infraestruturas ou encargarse de servizos básicos como a recollida de lixo e a limpieza de todo o termo municipal; síntomas, en esencia, dunha desidia en todos os aspectos, dende os económicos aos máis cotiáns”, continúan dende o BNG.

 Un método de traballo conxunto a toda a oposición

“Recíbese positivamente por parte do resto de interlocutores a nosa idea de consolidar unha liña de actuación política transversal a toda a oposición, co foco en realizar unha avaliación continua, compartida entre as tres forzas de esquerdas, da acción do goberno. E esta oposición en bloque sería chave para garantir algo fundamental: a reducción do deterioro do concello o máximo posible”, fai fincapé Evaristo Deus.

“Como primeira forza de esquerdas da vila”, continúan dende o BNG, “adoptamos a responsabilidade de iniciar e liderar este proceso de diálogo do que verdadeiramente agardamos que saia unha oposición unificada”.

Despois da xuntanza deste luns, o BNG de Mugardos ten “o compromiso do PSdeG-PSOE, un paso fundamental para avanzar neste deseño conxunto da oposición, e esperamos que EU, que evitou dar unha postura en firme, tamén se sume e se comprometa a construír colectivamente esta alternativa que aglutine forzas e loite pola reactivación do concello”.

E conclúe Evaristo Deus: “É imperativo que haxa un entendemento entre as tres organizacións para traballar colectivamente polo noso municipio. Apelamos ao resto de forzas da oposición á responsabilidade, sabendo que dende o BNG, seguiremos dando os pasos que sexan necesarios para a mellora de Mugardos e o establecemento dunha oposición conxunta e unificada”.

Lea también

Mugardos junto con la asociación ‘Patio Verde’ buscan soluciones urbanísticas para el CEIP Unión Mugardesa

El alcalde de Mugardos mantuvo una reunión de trabajo con representantes de la Asociación Patio …