XXII Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media

A deputada provincial da área de Emprego, Rosa Ana García, participou na presentación do XXII Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media impulsado pola empresa Mundos Digitales Transmedia, xunto con Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña; Gonzalo Castro, Concelleiro de Fomento e Promoción no Concello da Coruña; Jacobo Sutil director de AGADIC, e Manuel Meijide, director de Mundos Digitales.

Fuente Diputación de A Coruña

Este evento, único en España, terá lugar do 4 ao 6 de xullo en Palexco e xirará en torno a un programa de conferencias impartidas por especialistas de diferentes empresas do sector audiovisual.

Rosa Ana García destacou a importancia do sector audiovisual para a nosa comunidade e fixo fincapé nos dous grandes proxectos que a Deputación está a impulsar neste eido: o Coruña Estudo Inmersivo e o Ames LAB.

Coruña Estudo Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación, é un plató de 750 m2, que converterase nun dos maiores centros de produción cinematográfica virtual en tempo real VPxR de España,  o que situará ao sector virtual galego na vangarda nacional e internacional e que permitirá potenciar o nivel competitivo das empresas do audiovisual galego, á vez que servirá para atraer empresas e talento á nosa provincia.

Este proxecto supón un investimento de 6,7 millóns de euros, dos que 5 millóns están financiados con cargo ao Plan de Recuperacion, Transformación e Resiliencia do Goberno de España a través dos Fondos Next Generation e 1,7 millóns de euros con fondos propios da Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña

Ademais conta coa colaboración de diferentes entidades chave para o sector audiovisual e TIC, como son o Clúster Audiovisual de Galicia, Clúster TIC , a Universidade da Coruña e o Concello da Coruña. «É un claro exemplo de cando as diferentes administracións amosan a súa colaboración, os proxectos saen adiante», destacou Rosa Ana García.

Coa elección da Cidade das TIC como emprazamento pretende crear sinerxias co sector tecnolóxico das entidades e empresas que alí se instalen. O estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.

Ademais apuntou que o proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro del Plan España, Hub audiovisual de Europa dotado con más de 1.600 millóns de orzamento ata 2025. A través deste programa preténdese transformar o ecosistema audiovisual do país, e impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

Por outra banda, a deputada destacou a posta en marcha dun laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual en colaboración co o Concello de Ames.

O Ames LAB, concíbese como un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais, que está a impulsar novas empresas na súa produción, o fomento do talento emerxente e a dinamización do importante tecido produtivo do sector audiovisual dende o coworking A Proa (Ames), espazo integrante da Rede Provincial de Coworking.  

A Deputación cofinancia con fondos propios o 80% do custo total do proxecto, é dicir, achega 160.000 euros dos 200.000 euros totais. A Deputación da Coruña ten a vontade de situar a Galicia como un territorio competitivo para a localización de rodaxes, producións e posprodución, impulsando o sector audiovisual galego.

Neste XXII Congreso de Mundos Digitales, participará coa organización dunha masterclass e unha conferencia para a promoción do sector audiovisual galego, dentro da sección de Produción Virtual.

Manuel Meijide destacou, por outro lado, a presenza de importantes figuras do ámbito da animación e os efectos visuais no congreso. Tamén agradeceu a colaboración de todas as institucións que apoian este evento, que durante máis de dúas décadas levan impulsando este Congreso para converter A Coruña na referencia do sector a nivel internacional.

Máis información sobre o XXII Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media, en  https://www.mundosdigitales.org/2024/es/main.html.

Lea también

Regades, proclamado secretario xeral del PSdeG en Pontevedra tras ser el único aspirante postulado

El socialista vigués David Regades ha sido proclamado de nuevo como secretario xeral del PSdeG …