A Deputación subvenciona con 1,3M€ un segundo ano de contratacións indefinidas

A Deputación da Coruña publicou no BOP a resolución de concesión das axudas da liña de PEL-PEMES Mantemento do cadro de persoal, que subvenciona con 1,3 millóns de euros as contratacións indefinidas, por segundo ano consecutivo, de 150 persoas traballadoras en pemes e microempresas con domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Estas axudas súmanse ás 339 novas contratacións aprobadas o pasado mes de maio ao abeiro do programa PEL-PEMES 2024, polo que en total 489 persoas terán oportunidade de acceder a un emprego grazas esta liña do Plan de Emprego Local (PEL).

As axudas PEL-Pemes Mantemento incentivan o emprego estable e de calidade, subvencionando durante os 12 meses da anualidade 2024 o contrato das persoas traballadoras contratadas ao abeiro da convocatoria de PEL-Pemes Creación 2023 na modalidade de contrato indefinido ou que o transformaran a esta tipoloxía con anterioridade á presentación da solicitude.

Grazas á concesión destas axudas, un total de 150 profesionais autónomos, microempresas e pemes de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán unha subvención de ata o 50% dos custos laborais do traballador contratado, incluíndo os custes de soldos e salarios, seguridade social e demais gastos sociais.

A contía máxima da subvención a conceder é do 50% dos custes estimados de contratación, cun límite de 11.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerables (inscrito como desempregado de longa duración nos Servizos Públicos de Emprego, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional) e de 10.000 euros polo mantemento durante 12 meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.

Atendendo á distribución das axudas concedidas por concellos destacan as pemes de Vimianzo (10 subvencións concedidas por un importe de 91.666,10 €), Mazaricos (9 subvencións concedidas por un importe de 81.751,36 €) e Cee (7 subvencións concedidas por un importe de 65.700,00 €).

Por comarcas, destaca a de Santiago con 43 solicitudes concedidas, o que representa o 28 % das solicitudes concedidas totais e un importe de 379.556,0 € e a de Carballo con 34 solicitudes concedidas  por un importe de 306.509,88 €.

En canto á xornada de traballo, o 77% dos beneficiarios solicitan a axuda para manter un contrato indefinido a xornada completa e o 23% para o mantemento dun indefinido a xornada parcial. E tendo en conta a pertenza a algún dos colectivos vulnerables pódese destacar que o 60% das solicitudes concedidas son para a contratación de colectivos vulnerables.

Atendendo á tipoloxía de empresa, a meirande parte dos beneficiarios son empresarios individuais ou autónomos, xa que supoñen máis da metade das solicitudes concedidas, concretamente o 64,67% do total.

Tamén resulta destacable que máis do 60% das empresas beneficiarias pertencen ao sector terciario (95 concesións), destacando as destinadas ao turismo e comercio. Seguido das empresas beneficiarias do sector primario que supoñen o 18% (28 concesións).

O PEL continúa a ser unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se veñen destinando importantes recursos nos últimos anos. Grazas a este investimento sen precedentes na área de emprego, nos 7 anos transcorridos desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear 7.196 empregos nos sectores público e privado.

A listaxe completa das empresas que se beneficiarán este ano das axudas de PEL- PEMES  MANTEMENTO pode consultarse na seguinte ligazón:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/17/2024_0000004258.html

Concedidas por comarcas na liña de PEL-PEMES MANTEMENTO

Solicitudes concedidas por comarcas 

Comarca 

Concello

Número

% sobre total

Importe concedido

% concedido

BARBANZA

BOIRO

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

CARNOTA

2

1,33 %

16.462,50 €

1,25 %

 

MAZARICOS

9

6,00 %

81.751,36 €

6,20 %

 

MUROS

2

1,33 %

14.860,00 €

1,13 %

 

NOIA

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

OUTES

6

4,00 %

44.293,00 €

3,36 %

 

POBRA DO CARAMIÑAL, A

1

0,67 %

9.166,66 €

0,70 %

 

PORTO DO SON

1

0,67 %

9.552,18 €

0,72 %

 

RIANXO

3

2,00 %

28.500,00 €

2,16 %

TOTAL BARBANZA COMARCA

26

17,33 %

226.585,70 €

17,18 %

CARBALLO

CABANA DE BERGANTIÑOS

1

0,67 %

9.600,00 €

0,73 %

 

CEE

7

4,67 %

65.700,00 €

4,98 %

 

CERCEDA

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

CORCUBIÓN

2

1,33 %

18.029,55 €

1,37 %

 

DUMBRÍA

5

3,33 %

45.761,33 €

3,47 %

 

FISTERRA

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

LARACHA, A

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

LAXE

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

MUXÍA

2

1,33 %

6.252,90 €

0,47 %

 

VIMIANZO

10

6,67 %

91.666,10 €

6,95 %

 

ZAS

3

2,00 %

26.500,00 €

2,01 %

TOTAL CARBALLO COMARCA 

34

22,67 %

306.509,88 €

23,24 %

CORUÑA

ABEGONDO

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

ARANGA

1

0,67 %

4.675,00 €

0,35 %

 

CARRAL

2

1,33 %

12.750,00 €

0,97 %

 

CURTIS

6

4,00 %

50.667,93 €

3,84 %

 

MESÍA

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

MIÑO

2

1,33 %

20.000,00 €

1,52 %

 

PADERNE

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

SADA

4

2,67 %

20.447,96 €

1,55 %

 

SOBRADO

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

VILASANTAR

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

TOTAL CORUÑA COMARCA

20

13,33 %

159.540,89 €

12,10 %

FERROL

ARES

2

1,33 %

19.000,00 €

1,44 %

 

CABANAS

2

1,33 %

16.333,42 €

1,24 %

 

CAPELA, A

2

1,33 %

20.091,69 €

1,52 %

 

CERDIDO

3

2,00 %

30.571,87 €

2,32 %

 

MOECHE

1

0,67 %

9.600,00 €

0,73 %

 

ORTIGUEIRA

4

2,67 %

34.443,75 €

2,61 %

 

PONTEDEUME

5

3,33 %

41.208,32 €

3,13 %

 

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

4

2,67 %

36.097,79 €

2,74 %

 

SAN SADURNIÑO

1

0,67 %

7.071,59 €

0,54 %

 

SOMOZAS, AS

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

VILARMAIOR

2

1,33 %

22.000,00 €

1,67 %

TOTAL FERROL COMARCA

27

18,00 %

246.418,43 €

18,69 %

SANTIAGO

ARZÚA

1

0,67 %

10.938,00 €

0,83 %

 

BAÑA, A

2

1,33 %

20.000,00 €

1,52 %

 

BOQUEIXÓN

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

FRADES

2

1,33 %

14.300,00 €

1,08 %

 

MELIDE

4

2,67 %

40.360,91 €

3,06 %

 

NEGREIRA

1

0,67 %

11.000,00 €

0,83 %

 

ORDES

3

2,00 %

28.950,00 €

2,20 %

 

OROSO

3

2,00 %

23.792,80 €

1,80 %

 

PADRÓN

1

0,67 %

8.000,00 €

0,61 %

 

PINO, O

4

2,67 %

21.522,50 €

1,63 %

 

ROIS

3

2,00 %

27.789,47 €

2,11 %

 

SANTA COMBA

4

2,67 %

33.864,75 €

2,57 %

 

SANTISO

1

0,67 %

3.849,20 €

0,29 %

 

TEO

4

2,67 %

38.476,04 €

2,92 %

 

TOQUES

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

TORDOIA

3

2,00 %

32.144,28 €

2,44 %

 

TOURO

1

0,67 %

10.000,00 €

0,76 %

 

TRAZO

3

2,00 %

24.943,05 €

1,89 %

 

VEDRA

1

0,67 %

9.625,00 €

0,73 %

TOTAL SANTIAGO COMARCA

43

28,67 %

379.556,00 €

28,78 %

TOTAL COMARCAS

150

100,00 %

1.318.512,94 €

100,00 %

Lea también

O grupo Elefantes ofrecerá un concerto en As Pontes, con motivo do seu 30º aniversario.

Elefantes celebra 30 anos de traxectoria musical ás súas costas e fano subíndose aos principais …