Charla en Narón do historiador André Pena sobre Pena Molexa

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a celebración, este xoves día 13, dunha charla do historiador honorífico do Concello de Narón e Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga, André Pena Graña, sobre a Pena Molexa, o único monumento megalítico do mundo coñecido adicado á lúa e probablemente o máis antiguo monumento megalítico de Europa, segundo recordou Pena Graña.

A convocatoria, aberta á asistencia da cidadanía en xeral, será no local social do Val ás 19:00 horas. A edil naronesa animou á cidadanía a acudir a esta cita, co fin de coñecer mellor a historia deste monumento, un dos máis significativos e recoñecidos da cidade.

Así mesmo, Hermida avanzou que o vindeiro 22 de xuño, coincidindo case co solsticio de verán, organizouse unha xornada para ver a saída da lúa chea de amorodo ou morango xunto á Pena Molexa, tralo punto máis elevado do Forgoselo.

A cita será xunto ao citado monumento e para poder entender mellor este fenómeno, estará tamén presente André Pena Graña.

A concelleira de Turismo animou ós veciños a acudir a estas dúas convocatorias como unha das novidades deste ano no marco da celebración dos actos da Recreación das Lendas da Pena Molexa, iniciados o pasado venres cunha andaina solsticial e que continuarán este sábado, día 15, cunha ampla programación xunto á Pena Molexa, incluída a recreación das Lendas.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …