Deportes abrirá este martes 11 de xuño o prazo para solicitar os abonos individuais e familiares de temporada e tamén para preinscribirse nos cursos de natación.
A piscina municipal de San Sadurniño volve abrir ao público o luns 17 de xuño, aínda que na fin de semana anterior xa poderán gozar dela os rapaces participantes no torneo de fútbol organizado polo CF San Sadurniño.
Durante estes días están desenvolvéndose traballos de enchido, limpeza e de posta a punto das instalacións, que permanecerán abertas até o 8 de setembro con posibilidade de estirar a temporada un pouco máis se viñesen días de calor.
Mentres se prepara a apertura, o departamento de Deportes abrirá este martes 11 de xuño o prazo para solicitar os abonos individuais e familiares de temporada e tamén para preinscribirse nos cursos de natación. As instancias hai que presentalas na Sede Electrónica ou presencialmente na Casa da Cultura en horario de 9 a 14:00h. de luns a venres.
O horario de baños libres será o mesmo que o ano pasado e manterase fixo durante toda a temporada: de 15:00 a 21:00h pola semana e de 14:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos. A escola municipal de natación, que arrancará o 3 de xullo, desenvolverase os mércores e venres a partir das 11:00h ofertando durante os dous meses centrais do verán as actividades de iniciación e perfeccionamento, sempre que se xunte un mínimo de participantes.
Para preinscribirsenos cursos hai que enviar un mail cos nosos datos e o curso no que teñamos interese a agustin.perez@
Posteriormente,unha vez nos confirmen a praza, haberá que rexistrar a solicitude e efectuar o pagamento da taxa, que pode facerse con tarxeta no rexistro municipal no momento de levar os papeis, pero tamén se pode pagar na Casa da Cultura ou ben no banco por ingreso ou transferencia, cuxo resgardo deberá adxuntarse á solicitude.
Prezos das entradas individuais e dos abonos, que saen máis a conta
As entradas individuais para baños libres -3,78€ adultos e 1,90€ menores de 14 anos- deberán collerse cada día na cantina da piscina. Porén, o máis interesante é mercar un abono xa que, por exemplo, unha persoa adulta que merque tique para toda a tempada -33,43 €- terao descontado en tan só 9 baños.
O Concello abrirá este martes 11 de xuño o prazo de solicitude de abonos, que deberán tramitarse na Casa da Cultura ou a través da Sede Electrónica, adxuntando fotocopia do carné da persoa solicitante, fotografías tamaño carné das persoas beneficiarias do abono -poden ser unha ou varias se é familiar-, o resgardo do pagamento da taxa, a ficha de solicitude e, de ser o caso, a fotocopia do carné xove (só para abonos individuais).
Igual que ocorre cos cursos, o pagamento pode facerse con tarxeta na propia Casa da Cultura ou ingresando/facendo transferencia e incorporando o resgardo ao formulario de petición.
Os prezos xerais das entradas individuais, dos abonos e dos cursos mantéñense igual que o ano pasado:
Concepto |
Importe (€) |
Entrada individual diaria de persoas adultas |
3,78 € |
Entrada individual diaria de persoas menores de 14 anos |
1,90 € |
Abono de tempada para persoas adultas empadroadas (maiores de 18 anos) |
33,43 € |
Abono de tempada para persoas adultas non empadroadas (maiores de 18 anos) |
42,99 € |
Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales o 50% ou máis estean empadroados no Concello) |
59,71 € |
Abono de tempada familiar (ata 4 membros dos cales menos dos 50% estean empadroados no Concello) |
71,65 € |
Abono de tempada familiar, por cada persoa a partires da 5.ª (independente do empadroamento) |
5,97 € |
Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas empadroados (ata 14 anos) |
14,33 € |
Abono mensual para cursos de natación para nenos e nenas non empadroados (ata 14 anos) |
17,91 € |
Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello |
23,88 € |
Abono mensual para cursos de natación para persoas maiores de 14 anos non empadroadas no Concello |
29,86 € |
Documentación descargable (pdfs editables):
Solicitude de abonos da piscina
Folla de autoliquidación da taxa dos abonos
Ficha de preinscrición na escola municipal de natación
Folla de autoliquidación dos cursos de natación