Aberta a solicitude en Cedeira no campamento de verán

O Concello de Cedeira organiza un ano máis o Campamento de Verán, un programa esencial para que moitas familias poidan conciliar a vida laboral coas vacacións escolares dos pequenos da casa.

Haberá 50 prazas para menores nados entre 2012 e 2020, ambos incluídos, e o prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 19 de xuño, segundo as bases que están colgadas no taboleiro de anuncios da sede dixital, e pode realizarse en liña ou ben presencialmente no Rexistro Municipal.

O campamento desenvolverase, ao igual que en anos anteriores, nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas, agás festivos, desde o 3 de xullo ata o 30 de agosto.

Os menores poden inscribirse para unha quincena, un mes ou para os dous meses, e o prezo, respectivamente, é de 40, 60 e 100€.

Darase preferencia os nenos empadroadas en Cedeira e aqueles cuxos proxenitores traballen no municipio. Terase en conta tamén que ambos proxenitores –ou o que estea a cargo do menor en caso de familias monoparentais- acrediten unha relación laboral vixente en horario de mañá ou ben que están realizando algunha formación. Reservaranse 5 prazas para menores cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Haberá sempre un mínimo de catro monitores e monitoras, que promoverán as actividades lúdicas adaptadas para as diferentes idades. O xogo será o elemento primordial ao longo do programa, no que haberá xornadas con inchables, deslizadores de auga, lasertag, karaoke, labirintos, gimkanas, obradoiros e unha gran variedade de propostas.

Lea también

Neda organiza un “Xantar veciñal” en el polideportivo do Roxal

El Ayuntamiento de Neda organiza el próximo sábado 12 de julio su primer “Xantar vecinal” …